Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Augas de Galicia recoñece os retrasos e asegura que en novembro recibirá a obra do novo colector

Augas de Galicia recoñece os retrasos e asegura que en novembro recibirá a obra do novo colector
Os canles do Pindo sofren a falta de saneamento-Foto-Quino Pais Imaxe dos regatos cheos de fecais do Pindo-Foto-Quino Pais

Esta mañá de mércoes 11 de outubro, o alcalde de Carnota, Moncho Noceda, e varios veciños do Pindo, reuníanse co Director de Augas de Galicia para analizar a tráxica situación do saneamento na vila pindexa. Unha reunión interesante que serviu para valorar a importancia da presión social a través das campañas mediáticas e das recollida de firmas.

De feito, os veciños, nomeadamente Quino Pais, un dos axitadores do asunto, leváronlle 2.000 sinaturas nunha caixa esixindo que a Xunta tome medidas para solucionar este grave “problema medioambiental, sanitario e ecolóxico” que leva máis de 20 anos afectando á vila.

O Director de Augas de Galicia recoñeceu o retraso na entrega do novo colector que unirá as redes dende o Ézaro ata a deputadora de Panchés, e que conectará coas novas redes de saneamento que ten preparadas o Concello de Carnota.

Será en novembro cando a Xunta reciba a entrega da obra por parte da empresa, pero a cousa aínda tardará. Tras recibir a obra, a Xunta terá que facer as súas probas, e despois entregarllo ao Concello, que tamén terán que asegurarse de que todo funciona correctamente. Aínda quedará o proceso de conectar as 5 novas redes de saneamento que ten listas o Concello dende hai tempo, para que a rede estea reamatada.

”É difícil poñerlle prazo, porque ata que estea todo ben non a imos poñer a andar”, recoñece o alcalde, pero a cousa parece que vai para longo, e serán varios meses aínda por diante ata solventar o asunto.

O semellante caso de Lariño

”O caso de Lariño é tan necesario como o do Pindo”, apunta o rexedor, que tamén preguntou ao Director de Augas polo tema. A conexión de Lariño leva tamén anos de retraso. A Xunta tiña xa un proxecto e mesmo o Concello puxoos terreos á súa disposición despois dun duro traballo propietario a propietario. Pero parece ser que o proxecto era demasiado caro e a Xunta busca agora unha nova forma para conectalo ao novo colector.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios