Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Axenda Sonora da fin de semana

Axenda Sonora da fin de semana

Facemos propio o nome da Axenda Sonora da Costa da Morte para esta fin de semana. I é que estes días temos doble cita, vertebrando a bisbarra de norte a sur. Por Carballo disfrutaremos co Xiria Pop, mentres que en Lariño toca máis caña co Asaghieiras Master Festival

Pero ademais a fin de semana chega con máis propostas de incidencia. En Cee, os Encontros de Filosofía tráennos nada menos que Abe Rábade, un dos grandes do jazz en Galicia. Tamén estará O Taller Atlántico Contemporáneo emais a ROFCOM.

E como non, tamén temos festas, como as de Carnota, con cousas que facer venres, coa Festa da Queimada e sábado, coa Festa das Dolores.

Como cita gastronómica, podemos achegarnos ata a XXXI Festa da Pataca de Coristanco. E para os máis maiores, Corcubión acollerá o XII Encontro de Corais.

Poden ollar todas estas actividades en www.axendacostadamorte.com.

Máis información

Fonte

Comentarios