Martes. 23.04.2024
El tiempo

Breve etoloxía do lobo ibérico por Francisco Santiago López na Costa da Morte

Breve etoloxía do lobo ibérico por Francisco Santiago López na Costa da Morte
Temos visto moitos vídeos naturais de Francisco Santiago López en QPC. O último, o do porco bravo, pois o noso Félix Rodríguez de la Fuente xa está en Facebook compartindo novos e impresionantes documentos sobre a fauna salvaxe da Costa da Morte. Aló vai ca súa cámara ao lombo, agochándose nalgún matoxos no alto dunha colina, a esperar para “cazar” as súas presas. A súa arma ten longa mira, pero soe achegarse moito ao seu preferido, o lobo, pero tamén caza gatos bravos, raposiños, coellos, aguas, cervos, cabalos salvaxes, mesmo osos… Iremos repasando os últimos vídeos que está subindo á rede, comezando por esta serie sobre a caza, unha Breve etoloxía do lobo ibérico, gravada nos montes costeiros. Estes lobos que podemos ver foron vistos hai un ou dous anos, e segundo nos conta xa foron aniquilados por atropelos, ou en diferentes batidas do xabarín… Mágoa non coidar o noso patrimonio salvaxe.

A caza - Breve etoloxía do lobo ibérico

[fbvideo link="https://www.facebook.com/francisco.santiagolopez.129/videos/929296543795274/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]

Máis vídeos naturais

Fonte

Video de A Caza na Costa da Morte de Francisco Santiago Lopez

Comentarios