Martes. 15.10.2019
El tiempo

Caldebarcos volve saír de Romaría aos Muíños para celebrar os avances apícolas da zona

Caldebarcos volve saír de Romaría aos Muíños para celebrar os avances apícolas da zona

Volven sentirse vivos os Muíños de Caldebarcos. I é que como ano pasado, os veciños xa preparan a Romería dos Muíños de Caldebarcos 2012, unha fouliada aberta a toda Galicia que tenta revivir a parte lúdica e cultural das romarías tradicionais.

Este ano ademais vén cargada de cousas que celebrar, pois na vila carnotá xa se empezan a ver materializadas as decisións que os veciños tomaron nas últimas Asembleas do sábado 31 de Marzo. Tanto é así que no prazo de menos de un mes estará constituída a Asociación de Apicultores “Río Vedebois”. Que se encargará da xestión de tres alvarizas: da Alvariza Tradicional de San Cibrán, da Alvariza do Prouso María de Caldebarcos e das novas instalacións apícolas de última xeración no Chan das Alvarizas.
De feito, o pasado 19 recibiron a visita de 50 apicultores da zona de Arzúa, e que se convertiu nun produtivo intercambio que ata chegaou á singular Alvariza de Gallardo, en Cornido.

Fouliada dos Muíños de Caldebarcos 2012

Pero xa todos pensan en festa. As abellas ben coidadas, e a comida, levada por cada quen ou a disfrutar ca da irganización, preparada. Así, este é o completo programa, que combina sendeirimos, etnografía, tradición, gastronomía e festa, do sábado 26 de Maio de 2012:

  • 10:00 - Convocatoria para a ruta á porta do Supermercado Cruces. Indicacións.
  • 10:20 - Saída da Ruta dos Muíños a golpe de gaita de Fol, por cortesía de Rebuleira da ANPA do CEIP de Carnota.
  • 13:45 - Chegada da Ruta ós Muíños.
  • 14:00 - Comida. Chulas, Arrebandas, Empanadas varias (tamén de millo), follados (tamén de touciño), Bolo Asmo, Tortillas (de patacas, de setas, de alghasos, ... en fin), Bolos do Pote, Filloas, Biscoitos, … e de postre Rinchóns patrocinados por Construcións Ameixeiro.
    De beber: Viño que trae Padrino directamente do Ribeiro, Servesas do Pirata, Refrescos e auga do Muíño. Todo recortado ó gusto.
  • 15:00 - Saúdo de benvida e agradecementos. Co acompañamento do Grupo Rebuleira, da ANPA do CEIP de Carnota.
  • 15:20 - Tolos pola regueifa. Lois, O Caruncho e outros Regueifeiros maiores do Reino.
  • 15:45 - Tolos polas Papas de Millo. Fai as papas: Unha americana do Cló, chamada adredes.
  • 16:00 - Tolos pola música. Primeira subida ó ceo coa música de Pedras Miúdas.
  • 16:40 - Tolos polas coplas. Voluntarios para dexer coplas recollidas no Chan e mais no Alto de Carnota.
  • 17:15 - Tolos xa de todo pola regueifa. Regueifeiros a eito.
  • 17:45 - Cegos pola música. Veremos a Panorama desde o ceo co acompañamento de Pedras Miúdas.
  • 18:15 - Toliños pola queimada e toliños polo esconxuro teatral. Poderemos afiar coitelos, navallas, relós e colchóns ortopédicos en “Volta e dálle”, o máis grande afiador actual traído directamente de Ourense. Cortesía do Cló de Bayonne.
  • 19:30 - … e pouquiño a pouco ir marchando para a casa … ou para outra desfeita!

Novas relacionadas

Fonte

  • Información e Fotos de César Cambeiro.

Comentarios