Luns. 14.06.2021
El tiempo

“O Camiño tamén é desenvolvemento rural”

Xornadas Ciencia no Camino en Carnota de Afiprodel
“O Camiño tamén é desenvolvemento rural”

Este pasado venres o Salón de Actos do Concello de Carnota acollía a mesa debate do proxecto “Ciencia no Camiño”, organizado pola Asociación de Profesionais de Desenvolvemento Rural (Afiprodel). Unha sesión patrocinada por O Teu Xacobeo, que parte do lema «Ciencia + Negocio + Camiño».

Trala benvida do alcalde Juan Manuel Saborido “Moma”, e da man de Olga Formoso Beiro (presidenta da Asociación de Empresarios de Carnota), os participantes foron debullando as súas opinións. Nava Castro, a máxima responsable de Turismo de Galicia, destacou o feito de poder reanudar as actividades do Xacobeo, e tamén quixo poñer en valor o papel dos técnicos ADL e a súa involucración no Camiño, xa que “o Camiño tamén é desenvolvemento”.
Deixo clara, en calquera caso, a razón pola cal o Camiño dos Faros non está homologado a día de hoxe, xa que a Xunta está involucrada en sacar adiante a súa Ruta dos Faros por toda Galicia.

Mesa do acto Ciencia no Camino de Afiprodel

Jesús Picallo Santos, o empresario e presidente da Asociación de Empresarios do Camiño de Santiago a Muxía (Solpor) e vicepresidente do Clúster de Turismo de Galicia, quixo destacar o papel de Solpor como aglutinadora do empresariado do Camiño a Fisterra-Muxía.

Centrou máis no aspecto científico a súa poencia Ricardo García Mira, catedrático de Psicoloxía Social na Universidade da Coruña e especialista en psicoloxía ambiental; valorando estas citas que achegan á ciencia á veciñanza.

Finalmente, os protagonistas foron os representantes a comarca da Ría de Muros e Noia. Soledad Agra Tuñas, representante da Asociación Turística Comarcal Ría de Muros-Noia (Ría da Estrela); e Francisco Calo Abelleira é presidente da Asociación Amigos do Camiño Ría de Muros-Noia, lembraron o camiño que os levou ata ser recoñecidos mesmo pola Igrexa.

comentarios