Carnota abre un curso de Monitor de Tempo libre
10:15 30/06/11
Boa oportunidade para a mocidade da zona de sacar o título de Monitor de Tempo libre. Dende o Concello de Carnota veñen de abrir a oferta dun curso de monitor de tempo libre homologado pola Xunta de Galicia de 200 horas teóricas e 150 prácticas.
É un curso intensivo de verán o cal se realizará dende o 11 de xullo ao 6 de Setembro en horario de mañás de luns a venres de 9:00h a 14:00h.
O prezo son 250€; 150 de matrícula e dúas mensualidades de 50€. E o prazo de inscrición remata este mesmo o 30 de xuño.
Para mais información infórmate no concello preguntando por Begoña.
Novas relacionadas
Fonte
- Concello de Carnota.