Venres. 29.03.2024
El tiempo

Carnota celebra o Mes das Letras

Carnota celebra o Mes das Letras
Con motivo da celebración das Letras Galegas, o Concello de Carnota vén de poñer en marcha un programa cultural dirixido a todos os públicos e coas que pretende promover o uso da lingua galega entre a veciñanza. O programa, "Maio, mes das letras" arranca mañá xoves cunha Solta de Libros. Nesta ocasión será en O Pindo entre as 11 e as 13 horas. Alí soltarase exemplares procedentes de excedentes e baixas da Biblioteca Municipal. As actividades continúan o día 9, cun "Un bico para alí"; un obradoiro para cantar, contar e xogar da man de Fabaloba e Luís Prego dirixido a familias e nenos/as de 0 a 6 anos. A actividade engloba un espectáculo de narración oral e música en directo e nais unha presentación de recursos eduativos infantís en lingua galega. O evento comeza as 17:30 horas no salón de actos do concello. O obradoiro é para un máximo de 25 nenos/as acompañados de unha ou dúas persoas adultas e é necesario inscribirse ata o 8 de maio ás 12:00 horas ([email protected] ou 981857032). O 17 de maio, Día das Letras Galegas, o programa continúa con "O Paroleiro"; unha sesión de contacontos para a rapazada de 3 a 12 anos, da man de Pablísimo. O Paroleiro é moi amigo de parolar... Gosta de laretar, enredar, falar e contar. Conta sucedidos, historias e, sobre todo, moitos contos que leva na súa memoria, nas súas maletas, nos seus petos e nos seus zapatos. A cita é as 17 horas no salón de actos do Concello. A compañía Talía Teatro representará o 25 de maio, ás 20:30 horas, no salón de actos do Concello o seu espectáculo "Bicos con Lingua", dirixido a público a partir dos 13 anos. A entrada é de balde. A seguinte actividade é o "Paxariños" de Trinke Trinke Teatro; un espectáculo teatral familias con nenos/as de 0 a 3 anos. Lilí Gruyére ten un xardín, turelí... No xardín hai un niño, tureló... No niño hai un ovo, turelí... Lilí espera que dese ovo enorme naza un paxariño e organiza todos os preparativos necesarios para recibilo da mellor maneira posible. A citaé o 29 de maio, as 18:00 horas, no salón de actos do Concello. Para asistir é necesario anotarse antes do 28 demaio ás 12 horas a través do endezo electrónico [email protected] ou no número de teléfono 981 85 70 32. A programación remata o domingo 27 de maio cunha "Camiñada pola Lingua" que discorrerá polos Muíños de Vadebois, Panchés e A Curra. Ésta é unha ruta de sendeirismo circular, duns 11 quilómetros. A camiñada arranca ás 9:30 horas de Vadebois, coa lectura pública dun manifesto a prol da lingua galega. Para asistir é necesario anotarse antes do 21 de maio ás 14:00 h no endezo [email protected]  ou no número de teléfono 981 85 70 32). Novas relacionadas Fonte

Comentarios