Luns. 01.06.2020
El tiempo

Carnota crea o Consello de Infancia e Adolescencia

Carnota crea o Consello de Infancia e Adolescencia
cartaz dereitos da infancia

O Concello de Carnota quere escoitar as nenas, nenos e adolescentes para construír unha Carnota Amiga da Infancia e da Adolescencia. Xa fumos debullando o proxecto no que está a traballar a Concellaría de Igualdade e Diversidade. E agora dá un paso máis ao amparo da convocatoria Selo Cidades Amigas da Infancia (CAI) de UNICEF.

O Concello comezou un proceso participativo para detectar as necesidades e problemáticas deste sector da poboación para así deseñar e pór en marcha o I Plan Municipal de Infancia e Adolescencia e o Consello Municipal de Infancia e Adolescencia.

Unha iniciativa que permitirá incorporar os dereitos da infancia a todas as políticas municipais, para así ter sempre en conta a mirada das máis pequenas. Ademais, o Consello Municipal da Infancia e Adolescencia constituirá unha plataforma de participación para as crianzas, as e os adolescentes, a comunidade educativa e o sector asociativo e cultural.

Neste venres día 27 de abril levarase a Pleno Municipal unha proposta de Regulamento para comezar a traballar no marco do Consello Municipal de Infancia e Adolescencia.

A Concellería expón as novidades do proxecto no blogue: carnotaamigadainfancia.blogspot.com.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios