Venres. 29.03.2024
El tiempo

Carnota custodia o territorio

Carnota custodia o territorio

Infinito o potencial medioambiental de Carnota, que xa é un referente na materia en toda Galicia. Así o podemos corroborar tras coñecer que especialistas internacionais queren introducir a construción ecolóxica na Costa da Morte a través do concello carnotán, ao consideralo un lugar perfecto para as prácticas da bioconstrución.

Son dous os referentes carnotáns en materia medioambiental. Por unha banda Lira, con todo o que levar arredor do seu mar, en materia de turismo mariñeiro, e de sostibilidade no mar a través da Reserva Mariña.
O outro é a aldea gala de Quilmas, ese pobo que quere trigo e non rodaballo, e que loita polo territorio coa comprometida Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raíña Lupa.

Precisamente Lira e Quilmas serán as dúas visitas que escolleu o I Encontro de Custodia do Territorio que artella a ADEGA. Unhas xornadas que trata sobre esta nova estratexia de conservación, nomeadamente do patrimonio natural, cultural e paisaxístico na que a implicación da sociedade civil na xestión resposable do territorio é imprescindible.

Os encontros comezan o sábado 29 de outubro con diferentes charlas de especialistas. Para o domingo 30 toca saía a pé de rúa, e aí é cando Carnota entra en acción. A expedición galega visitará a partir das 11:00h o porto de Lira, na que o Secretario da Confraría Milucho Louro fará unha presentación do que implica a Reserva mariña Mar de Lira.
Tras un xantar de campo, a partir das 16:00h, Xosé Manuel Casais invitará a todos os participantes a que coñezan por dentro a Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raíña Lupa de Quilmas.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios