Sábado. 18.09.2021
El tiempo

Carnota estrea mural xacobeo no peirao de Portocubelo

Proceso mural Portocubelo
Carnota estrea mural xacobeo no peirao de Portocubelo

O Concello de Carnota, facendo unha aposta clara pola cultura e as artes, ven de estrear o mural “DugiumArt”, que podedes contemplar xa no peirao de Portocubelo. Esta iniciativa está enmarcada dentro do programa “O teu Xacobeo”, que promove a Xunta de Galicia.

A proposta que nos presenta o artista de Carnota, Nando Lestón, fala do encontro entre o Apóstolo e máis a Raíña Lupa, nos territorios do noso territorio; todo elo enmarcado ca representación dunhas vidrieiras que nos fala de que o verdadeiro Camiño é un “camiño de lus”.

Representa ao mesmo tempo as luces do Concello, luces que os nosos visitantes cando non están non poden desfrutar, para elo o artista trata de representalas e compartilas. Fala dos valores do noso Concello, que entre outros son os do respeto compartido e o de xentes acolledoras, pondo en valor, de cara ó camiño unha alianza co peregrino no Camiño Costeiro.

comentarios