Luns. 09.12.2019
El tiempo

Carnota organiza unha charla sobre a Avespa Asiática

Carnota organiza unha charla sobre a Avespa Asiática
Nido de avespa asiática Nido de avespa asiatica

Xa comprobamos que, un verán máis, a avespa asiática chegou á Costa da Morte. Ademais da zona de Zas, onde é moi habitual vela en acción, polo sur da bisbarra, sofren a súa acción as xentes que se adican á apicultura, como a Asociación de apicultores “Río Vadebois” e CMM de Caldebarcos e San Cibrán.

Por iso, organizan unha charla este domingo día 11 de outubro ás 10:00 horas na Casa do Concello, de Carnota, coa colaboración do SLG (Sindicato Labrego Galego), AGA (Asociación Galega de Apicultores) e o patrocinio municipal.

Que é a velutina e como nos está afectando? Que nos espera con ela? Erradicación ou convivencia? Unha impostora? Unha invasora? Unha asasina? Unha buscavidas? serán algunhas das preguntas que se intentarán respostar este domingo.

Un tema importantísimo non só a nivel particular e económico, senón tamén a nivel medioambiental mundialmente falando, pois como dixo Einstein: "Se morren as abellas, morre a xente, porque se acaban as plantas ó non haber polinización".

Por iso, se queres saber máis sobre esta avéspora que está matando as nosas abellas, pásate por Carnota.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios