Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Carnota renova a súa imaxe ambiental cos fondos do canon eólico

Carnota renova a súa imaxe ambiental cos fondos do canon eólico
Belén do Campo e Ramón Noceda durante a reunión de traballo mantida onte Belén do Campo e Ramón Noceda durante a reunión de traballo mantida onte Cada vez son máis os concellos da bisbarra os que se pasan a unha iluminación máis eficiente e respectuosa co medio. O último en subirse a esta práctica, foi o de Carnota que puido levalo a cabo grazas ao canon eólico. Así, a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e o alcalde de Carnota, Ramón Noceda, asinaron onte o documento de conformidade para a concesión dunha subvención a través do Fondo de Compensación Ambiental, que lle permite ao concello beneficiarse do canon eólico. O Goberno galego, a través da vicepresidencia e consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, financiou a substitución de parte da iluminación do concello e a recuperación dos espazos degradados polos contedores de recollida do lixo cunha achega de 65.615 euros. Do Campo analizou o resultado das actuacións levadas a cabo con estes fondos, que se utilizaron para a realización de dous proxectos. Por unha banda, renováronse 80 puntos de luz do municipio coa instalación de novas lámpadas máis eficientes, o que permitirá ao concello reducir a factura eléctrica. Ademais, levouse a cabo a instalación de peches perimetrais de contedores do lixo (vidro, cartón/papel, de orgánico e minicontedores) co fin de diminuír o seu impacto visual e recuperar o espazo no que se encontran, correspondente ás zonas do Pindo, Panchés, Cornido, Lombáns, Carnota, A Morosa, Mallou, Lira e Lariño. Segundo a Xunta, estas axudas están destinadas a financiar iniciativas orientadas á conservación da biodiversidade, ao impulso da eficiencia, ao uso sostible das enerxías renovables e á restauración e reposición do medio ambiente e reequilibrio territorial. Campo destacou que a Xunta tamén autoriza aos concellos beneficiarios a dispoñer do fondo para facer fronte ao gasto corrente, algo que afecta moito aos municipios. Ademais, o Fondo de Compensación Ambiental pode tamén empregarse en gastos de contratación ou mantemento de persoal. Fonte  Novas relacionadas

Comentarios