Venres. 19.04.2024
El tiempo

Carnota tamén recibirá asesoramento en materia de eficiencia enerxética

Juan Manuel Saborido e con Valentin Glez Formoso
Carnota tamén recibirá asesoramento en materia de eficiencia enerxética

O alcalde de Carnota, Juan Manuel Saborido, acompañado de Merche Noceda, mantivo onte unha xuntanza co vicepresidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, para ratificar o convenio a través do cal o Concello recibirá asesoramento en materia enerxética da Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña (FAEPAC).

Deste xeito, a FAEPAC analizará as facturas eléctricas municipais, revisarán as instalacións e asesorará ao concello en todas as actuacións que desenvolva en materia enerxética, preparando un “plan personalizado de mellora da eficiencia enerxética, uso racional da enerxía e fomento de fontes renovables”.

Un plan que permitirá ao Concello aforrar gastos correntes e que ademais favorecerá unha menor contaminación dende a administración local.

Comentarios