Cee, Carnota e Laxe queren cantar!
11:41 20/04/16
Hai xa 15 propostas presentadas pero o prazo ampliouse ata finais deste mes de abril. Así que todos os escolares da bisbarra aínda están a tempo de armar unha canción para o concurso Quero Cantar, impulsado pola Deputación. Un concurso no que xa participan tres propostas da Costa da Morte.
Xa botamos un ollo ao temazo “Antón”, do “Proxecto Nordés, e hoxe toca escoitar aos meniños do grupo Colaxe, de Laxe, dun grupo da cole Manuela Rial de Cee, e da Escola de Música de Carnota.
Soños, tamén dende Cee
Animouse tamén o Colexio Manuela Rial Mouzo de Cee a compoñer este tema, “Soños”. Son Sarai, Adriana, Ainhoa, Clara, Laura, Aitana, Julia, Paula, Adrián e José. [fbvideo link="https://www.facebook.com/1021607797899868/videos/1087182461342401/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]School of Rock de Carnota
Desde ao pé do monte Pindo chega o tema "School of Rock de Carnota" Menudas máquinas os Mara, Andrea, Claudia, Paulo, Carme, Benito, Xoel e Sofía, acompañados ao baixo por Castor e á batería por Carlos. [fbvideo link="https://www.facebook.com/1021607797899868/videos/1082193128508001/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]Durme Elsiña, dende Laxe
Esta é a fermosa Durme Elsiña, dos cativos de Colaxe, con Elsa como cantante, á que acompañan Fernando, Sergio, Raúl e Iván cos coros e cos instrumentos. [fbvideo link="https://www.facebook.com/1021607797899868/videos/1083742765019704/" width="660" height="400" onlyvideo="1"] Premios A primeira clasificación realizarase por votación popular a través da páxina de facebook e as 10 primeiras formarán parte dun CD que se distribuirá polos colexios galegos e de libre descarga na páxina www.querocantar.gal. As cinco primeiras participarán na gala final no Teatro Colón da Coruña da que sairá a proposta gañadora e as finalistas. O concurso, que é iniciativa da área de Normalización Lingüística da Deputación que ten á fronte á nacionalista Goretti Sanmartín, busca “incentivar a esa enorme cantidade de rapazas e rapaces que en toda Galicia alimentan a súa paixón pola música na nosa lingua e se forman en escolas, bandas, coros ou asociacións”.Novas relacionadas
Fonte- Redacción QPC ([email protected])
- Deputación