Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Chega o Gran Fondo Ézaro, a maior manifestación ciclista de Galicia

Chega o Gran Fondo Ézaro, a maior manifestación ciclista de Galicia
Gran Fondo Ezaro 4 de xullo

Día grande para a Costa da Morte este vindeiro sábado 4 de xullo de 2015. Dumbría e a Costa da Morte prepáranse para acoller unha manifestación ciclista nunca vivida ata agora. Levamos anos comprobando a influencia no aumento do turismo, cifrado ata nun 155%, na bisbarra dende aquel paso de La Vuelta en 2012. E a celebración do Gran Fondo Ézaro parece que será un novo revulsivo.

Falamos dun xigantesco pelotón de 1000 ciclistas (a mellor marca para unha proba ciclista en Galicia), pero que necesita unha infraestrutura que se cadra, escapa das nosas posibilidades. Practicamente os hoteis e oas casas rirais da zona colgarán o cartel de completo, o que dá conta da influencia destes eventos deportivos a nivel económico, unha das razóns claves polas que o Concello de Dumbría aposta tan decididamente polo deporte. .
E para demostrar esa atención, a Oficina Turística estará permanentemente aberta (como todo o inverno) na zona da Cascada do Ézaro.

Ademais, para os que teñades dúbidas, temos un prognóstico meteorolóxico especial de 4gotas para O Gran Fondo de Ezaro.

Un pelotón que chega liderado por dúas figuras míticas do ciclismo internacional, un reclamo mundial, como son Miguel Indurain, que lucirá o dorsal número 1, e Claudio Chiapucci, que lucirá o 1.000. Ambos chegan en moi boa forma para revivir uns dos duelos máis impresionantes da historia do ciclismo. Moitos lembramos aquelas siestas vendo o Tour nas que o navarro case sempre podía co italiano. Haberá que ver como

Con eles, entre os inscritos, teremos outra marea de nomes importantes rubindo o Formigón, esa que chaman a a verdadeira costa da morte, esa con rampas de ata 29% de desnivel. Estarán tamén xentes como Álvaro Pino, Óscar Pereiro, o propio Pedro Mosquera, o mesmo Fran Hermida… Ademais, haberá participantes, sobre todo galegos, pero tamén da maior parte das comunidades españolas, de Portugal, Andorra e ata Irlanda.

A Ruta

Percorrido do Gran Fondo Ezaro 2015

Haberá un recorrido curto para os que non poidan completar os 137 km do Recorrido completo. Os datos técnicos xa os sabemos, con saída da Fervenza e chegada ao Alto do Miradoiro, non sen antes que superar a O Formigón.
Rutómetro, recórdanos que do Ézaro sairán ás 9:00h, pasando por Cee, subindo por Lobelos e meténdose cara Muxía pola Pereiriña e Bermún, para chear á vila da Barca, dar a volta na zona do Santuario sobre as 10:15 con parada no porto para o avituallamento. A volta será polos Muíños, Senande, Berdeogas, para entrar en Dumbría polo cemiterio de cores, e entrar en Dumbría sobre as 11:10. De aí toca baixada cara a cascada pola mesma estrada do mirador, para volver á AC-550 e coller cara Muros, pasando polo Pindo (11:30-12:00h), Caldebarcos, ata Muros. Subirase por Serres ata o Alto das Paxareiras, o primeiro prato do gran menú final, para baixar pola perigosa estrada para volver cara o Ézaro para afrontar a subida entre as 14:00h e as 15:30h segundo vaia de rápido a carreira.

Programa Completo do Gran Fondo Ézaro

Hai un programa deportivo e un programa alternativo para os acompañantes, con zumba, aerobic ou unha Andaina polo Monte Pindo.

Venres 3 de xullo

  • 18:00 a 21:30 (todos os participantes poderán pasar a recoller a documentación da proba así como os dorsales e CHIP de control).

Sábado 4 de xullo

  • 7:00 a 08:30 - Recolleita Dorsales.
  • 8:30 a 8:50 - Control de firmas.
  • 8:55 - Chamada participantes á saída.
  • 9:00 - Corte de cinta e saída oficial.
  • 16:00 entrega no podium de mencións e distincións aos participantes no Gran Fondo Ézaro.

Programa Alternativo

  • 9:30 Master Class Zumba.
  • 10:15 Saída andaina Monte Pindo.
  • 11:30 Master Class Aerobic.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios