Domingo. 16.06.2019
El tiempo

Coa primavera comezan as citas co sendeirismo

Coa primavera comezan as citas co sendeirismo

Canta falta facía que Lorenzo nos secase un pouco… E nótase que a xente ten gañas de sol, e de disfrutar da natureza, pois foron saír os primeiros raios e fixéronse públicas unha chea de convocatorias para diferentes rutas de Sendeirismo. Ponteceso, O Pindo, Cee ou Malpica son os destinos para estas vindeiras datas.

Ademais, para esta fin de semana, Meteogalicia apuran uns días ben soleados.

Andaina por Ponteceso

A primeira Andaina levaranos de Ponteceso a Corme

A estrea témola este sábado 20, coa a primeira das 5 Andainas proxectadas por 5 concellos. Toca Ponteceso, e a ruta partirá da Praza do Recheo ás 10:00h para percorrer os 11 km da ruta ata Corme, con parada na praia de Valarés. Antes de comer, a ruta estará rematada.

Xornada de limpeza na Praia do Pindo

Non implica sendeirismo directamente, pero engadimos aquí a chamada da ACDR Pedramar do Pindo, para que os veciños participen na sesión voluntaria de limpeza da praia de San Pedro. Un xeito de manter limpas as nosas praias e poder disfrutalas como é debido.

A cita, este sábado 20 entre as 10:00h e as 12:00h.

Subida ao Pindo

Foto dende o cumio do Camiño das Peixeiras - Foto- Quino Pais

Para o domingo 21 propoñen unha subida ao Monte Pindo polo Roteiro das Peixeiras. A convocatoria está prantexada para as 16:00h, e subirase polo camiño que hai ao carón da ponte cara Portela Ventosa, baixando ata o camiño que vai de Peñafiel ao Fieiro.

1ª etapa do Camiño dos Faros

O Camino dos Faros levanos por Punta Nariga

Esta xa é para o domingo 28 de abril, e a brava xente que está a promocionar Camiño dos Faros abren as portas para que todos os que queiran poidan disfrutar, con eles, desta 1ª Etapa que une Malpica e Niñóns (22 Km). A saída de Malpica, da Cafetería Santiago Apóstol, será ás 9:30h, para chegar ao lugar de Niñós arredor das 18:30h.

Farán paradas na praia de Beo e de en Punta Nariga, disfrutando, por suposto, dunha paisaxe a cada paso".

II Roteiro As Neves - Cee- Estorde

Roteiro Cee polas Neves

Despois do éxito acadado no I Roteiro polo Camiño no Concello de Cee, a Concellería de Cultura, Educación e Deportes organiza unha segunda edición, desta vez percorrendo o tramo que vai desde a ermida das Neves ata Estorde, para o sábado 4 de maio a partir das 16.30 horas. O prazo para anotarse estará aberto ata o 29 deste mes de abril.


Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios