Sábado. 04.12.2021
El tiempo

Completa presencia costeira nos Premios #MestreMateo15

Completa presencia costeira nos Premios #MestreMateo15
Candidatos da Costa da Morte aos Premios Mestre Mateo 2015

Vén de facer públicos a Academia do Audiovisual Galego, os finalistas para as 25 categorías dos Premios Mestre Galego 2015. Uns Premios que ollan este curso á gran pantalla, coa presencia ata en 16 candidaturas de A Esmorga, e en 11 de Os Fenómenos.

Precisamente, a presencia de ambos proxectos déixanos varios finalistas costeiros. O máis destacado, o carnotán Miguel de Lira, que comparte ademais nominación cos seus compañeiros de “troulga”, Antonio Durán “Morris” e Karra Elejalde.

Mentres, no filme Os Fenómenos temos a Xosé Touriñán, moi vencellado á nosa bisbarra, que chega como finalista a Mellor Actor de reparto, ademais tamén disfruta da nominación como Mellor Comunicador, e as nominacións de dous proxectos moi seus como A Casa da Conexa (candidato a Mellor Programa TV cas Cantareiras de Ardebullo como protagonistas; e tamén aspira á Mellor realización) ou Era Visto!, no que ademais particia o mazaricán Federico Pérez Rey, que é finalista á Mellor SerieTV, ademais de Mellor Son, e Dirección de produción.

Pelexará Touriñán polo premio de Mellor Comunicador por Fernanda Tabárez (de VTelevisión), Marga Pazos (do Telexornal) e coa corcubionesa Marta Doviro. A presentadora do programa da TVG “Máis galego” pega un salto na súa promoción con esta nominación.

Costeiros en series de éxito

Serramoura conta con 9 presenzas entre os finalistas (Serie TV, Interpretación feminina protagonista, Interpretación masculina de reparto (2: Antonio Mourelos, Monti Castiñeiras), dirección, guión, dirección de fotografía, música orixinal, son). Unha serie da TVG que conta con numerosos actores costeiros, como os ceenses Toño Casais, Artur Trillo ou a corcubionesa Sara Casasnovas. Tamén nas series, destaca Pazo de Familia, onde traballa o ceense Rubén Prieto, que optará a 3 premios (Serie TV, Interpretación feminina protagonista, vestiario).

Ademais, na categoría de Serie Web, atopamos un finalista con acento costeiro. A proposta “Clases de lo Social”, ten como protagonistas a Carlos Blanco e ao malpicán Santi Romay.

Máis información

Novas relacionadas

Novas cinematográficas

Fonte

comentarios