Martes. 23.04.2024
El tiempo

Condenan a 4 anos de cárcere a un de 77 anos por abusar unha menor nunha parada de autobús de Carnota

Carnota estrada
Condenan a 4 anos de cárcere a un de 77 anos por abusar unha menor nunha parada de autobús de Carnota

Acontecía en xuño de 2017, cando un home de 77 anos achegábase a unha menor nunha parada de bus de Carnota para dicirlle que estaba “triste”. Aquel día o home propúxolle que cando acabase o curso, fose a unha caseta que tiña na praia porque quería “facer o amor con ela”, ao tempo que lle tocaba a perna á altura da nádega. Noutra ocasión, o condenado estableceu unha conversa na rúa coa afectada, volveu insinuarse e chegou a tocarlle o peito.

Ante estes feitos e despois do xuízo, a sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña vén de condenar a a catro anos de cárcere ao acusado por abuso sexual a unha menor, impoñéndolle ademais a prohibición de comunicarse por calquera medio e de aproximarse á vítima durante cinco anos.

O tribunal indica que o relato da nena “se mantén no esencial, axustado ás esixencias de cada fase do procedemento e cunha plena lóxica interna, sen presentar trazos que impidan dubidar da súa veracidade”. Ademais, destaca que “non consta motivo algún que permita sequera valorar que exista un interese espurio ou unha animadversión que diminúa a credibilidade” da menor. Os xuíces ademais confirman a tese princial gracias á versión de varios testemuños dos seus familiares e amigos e da pericial psicolóxica.

Comentarios