Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Da Raínha Lupa á Cova da Xoana, pasando por Duio, con Pepe do Fieiro

Da Raínha Lupa á Cova da Xoana, pasando por Duio, con Pepe do Fieiro
Pepe do Fieiro é todo un sabio en materia Monte Pindo-Foto- David Lourido

Hai pouco tiñamos unha longa conversa con Pepe do Fieiro, na que entre outras moitas cousas, nos falaba dos Encantos da Ponte das Chozas. Hoxe recuperamos parte da longa entrevista, na que Pepe nos fala da historia do Monte Pindo, habitado dende o século I ata o século XV.

Pepe comeza ca historia da Raínha Lupa, a raíña dos Mouros, e dos seus castelos do Pedrullo, no Monte Pindo, e o de Duio, en Fisterra. Pero remata na mesma Cova da Xoana, ou Casa da Xoana, coma sempre lle dixeron na zona, no corazón do Olimpo Celta, que puido ser o forno crematorio durante centos de anos.

As lendas do Monte Pindo con Pepe do Fieiro

Ir a descargar

Disque as xentes xa poboaban o Monte Pindo no Século I, cando os díscípulos trouxeron nunha barca de pedra o cadáver do Apóstolo entrando pola ría de Padrón dende os lugares santos.
Naquela época, en Santiago reinaba a Raíña Lupa, raíña dos Mouros, que tiña un Castelo no Pedrullo, no Monte Pindo, e mais outro en Duiuo, Fisterra.

Os discípulos pedíronlle axuda á Raíña Lupa axuda para transportar o cadáver dende Padrón ata un sitio onde estivera a salvo, onde non fora profanado polos infieisA Raínha mandounos a Duio, onde tiña gardas. Pero estes gardas estaban avisados que os que chegasen recomendados por ela, eran para liquidar. Ao chegaren aló, enviados pola Raíña Lupa, detivéronos e encerráronos. Ao día seguinte os ían axustizar Pero de noite aperecíu un anxo nese calabozo e abriu un boquete na parede, e mandounos saír. Saíron e volveu pechar o boquete.
Ao día seguinte, non estaban, desapareceran.

Voltaban canda Raínha Lupa, pero tras deles ían os Gardas. E cando estaban a piques de collelos, ao pasar a ponte de Ponte Maceiras, cruzando o río Tambre, a ponte derrumbouse e os gardas non puideron seguir tras deles.
Os discípulos chegaron canda a Raínha Lupa, que quedou abraiada ante a súa chegada e pensou que era un milagre.

"Daquela tendes que ir ao monte da Barbanza, coller un par de touros bravos, e volver a Santiago co cadáver", ordenoulles a Lupa, pensando que non serían capaces de lidiar cos bravos touros da Curota. Pero volveron, ante o que a Lupa non puido facer nada máis que invitalos a enterrar ao Apóstolo no corazón de Santiago de Compostela, na Rúa do Franco, onde a día de hoxe hai unha pequena capeliña ao carón da fonte de San Xaime.

Daquela, e se dende o século I ata o XV houbo xente no Monte Pindo, e vendo que non se dan atopado cemiterios por ningures, onde enterraban aos mortos? Pois parece ser, que os mortos eran queimados na Casa da Xoana, que foi o forno crematorio durante centos de anos.

Novas relacionadas

Outras información

Fonte

Comentarios