Venres. 29.03.2024
El tiempo

De Culleredo a Carnota de viaxe de fin de curso

De Culleredo a Carnota de viaxe de fin de curso

Non hai que ir a Londres nin a Salou de fin de curso. Tamén se pode visitar algunha zona senlleira da Costa da Morte para coñecer e disfrutar dun remate de curso divertido e educativo, antes de pasar á ESO. Así o pensaron dende o Colexio Andaina, de Culleredo, que trouxeron ao equipo de 6º de Primaria a coñecer Lira.

Foi unha estancia de 2 días polo Concello de Carnota. Con estancia no Albergue Casa Pila, foron recibidos polo Concello, e percorreron o roteiro dende Portocubelo ata o Hórreo de Lira. Non sen antes contemplar unha poxa na lonxa, ou visitar a caseta do Pepe do Cuco, a casa museo de artesa de pesca.Pola noite, tiveron tempo para contemplar as estrelas pola noite ante de ir durmir, i é que un ceo coma o noso non o teñen na zona da Coruña.

Ao día seguinte foron camiño de Carnota, para darse un baño na Boca do Río, antes de partir de volta.

Unha estancia breve, pero intensa, que lles serviu aos rapaces coruñeses a coñecer unha parte do seu país: a vida mariñeira da Costa da Morte.

Fonte

Comentarios