Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Destacan o descubrimento de novas especies no Monte Pindo

Novas especies atopadas no Monte Pindo
Rhaponticoides africana (Especime no Pindo, foto de Javier Calvo); Vandenboschia speciosa (Especime en Vilaza, foto de Carlos Boullón) e Armeria beirana (foto de Roi Carballal). Imaxes recollidas de biodiversidade.eu
Destacan o descubrimento de novas especies no Monte Pindo
Tras varios anos sen descubrimentos, coñecidos, a comunidade científica avanza, segundo informa a Asociación Monte Pindo Natural, o achádego de 3 novas e singulares especies atopadas na contorna do Olimpo Celta que ratifican a súa enorme biodiversidade. Especies que entran no Catálogo de Especies do Monte Pindo, un proxecto social e aberto que demostra a necesidade de protexer este espazo natural. Unha protección que para a entidade tería pasar pola Declaración de Parque Natural.

Son o caso dun tipo de centaura, da cal só se coñece outra poboación máis en Galicia, situada en Carril (Vilargarcía), pero que ademais poden ser dúas subespecies diferentes.

Tamén falan da Vandenboschia speciosa unha especie de fento catalogado como vulnerable).

Finalmente lembran que existe unha especie chamada “Armeria x carnotana”, que se pode atopar nas dunas de varias praias e nas zonas rococas. Non hai fotos dela pero foi descrita descrito en 2012 por Jaime Bernardo Blanco-Dios.

Novas relacionadas

Comentarios