Venres. 29.03.2024
El tiempo

Dous carnotáns detidos por dous roubos con violencia en Cee e Outes

Dous carnotáns detidos por dous roubos con violencia en Cee e Outes

Dous veciños de Carnota de 39 e 43 anos, foron detidos onte como supostos autores de 2 delitos de roubo con intimidación e violencia, un deles en grado de tentativa e unha falta de hurto. Axentes da Garda Civil de Outes e Muros, en colaboración con axentes da Policía Local de Carnota e Outes, procedían á súa detención despois de desenvolverse os seguintes feitos.

Foi o propio mércores candom nas localidades de Cee e Outes cando un dos agora detidos entrou en dous establecementos comerciais e ameazou cunha navaja ás persoas que os rexentaban. Tamén se lles imputa unha falta de hurto ao levarse unha carteira con diñeiro en efectivo nun taller de Outes.

Os axentes analizan a súa posible participación noutros feitos similares ocorridos en Santiago e nas localidades de Muros e Outes.

Os feitos foron postos en coñecemento do Xulgado de Instrución de Muros.

Fonte

Comentarios