Martes. 19.03.2024
El tiempo

Dous dispositivos de emerxencia fallidos na mesma tarde en Carnota

Gardacostas de Galicia de rescate
Foto dos Gardacostas de Galicia onte na ría de Arousa
Dous dispositivos de emerxencia fallidos na mesma tarde en Carnota

Despois dispositivo innecesario despregado en Muxía por un buzo que non saíra antes do ocaso, esta pasada tarde de xoves en Carnota vivíronse dúas novas falsas alarmas para os equipos de emerxencias.

Pola tarde o 112 mobilizaba á Policía Local, Garda Civil de Santa Comba, e unha embarcación de Salvamento tras unha chamada que alertaba de que un bañista estaba tendo problemas na praia de Carnota. Finalmente só se trataba dunha boia que leva tempo naufragando na zona…

Pouco despois, unha hora antes de anoitecer, unha muller chamaba ao 112 porque os seus acompañantes non volveran de facer pesca submarina á zona de Qulmas. O Centro de Emerxencias mobilizaba ao helicóptero Pesca 1, unha vez que xa rematara o servizo de socorrismo.

Pero pouco despois, cando o helicóptero estaba en voo os mergulladores aparecían sans e salvo.

A noita aínda non rematara para os Gardacostas de Galicia que no seu camiño de volta foron alertados por outro buzo desaparecido nas inmediacións do illote Areoso da Ría de Arousa, ao cal lograban localizalo cando regresaba á súa embarcación.

Novas semellantes

Comentarios