Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Emilio Calo afía o coitelo para acadar un novo “récord guinnes”: o prato máis grande de cecina

Emilio Calo afía o coitelo para acadar un novo “récord guinnes”: o prato máis grande de cecina
Emilio Calo cortando xamonEmilio Calo cortando xamon Emilio Calo facendo patria e cortando xamón para un produto vimiancés Record Guinnes de Jamon en Leon

Serán 70 cortadores de toda España os que o intenten. Entre eles uns 7 ou 8 galegos, e un, de Carnota. Emilio Calo afía o coitelo para afrontar un novo reto: o récord Guinnes do prato de cecina máis grande do mundo, cortado a coitelo, claro.

Será este domingo 27 de maio, dende as 10:00h da mañá na Praza da Catedral. O organizador e Agustin Risueño un cortador de Leon que aproveita que Leon e esté ano capital gastronómica para facelo e por en valor a Cecina de León como produto de calidade e conseguir o distintivo de Indicación Geográfica Protegida (I.G.P.)

Terán que cortar un mínimo de 250kg de cecina, pero contan con superar os 300 kg. Aínda non está confirmado pero a idea é cortar mesmo a coitelo a peza enteira, pois en León tamén é tradición facelo así.

Dos 300, uns 5 ou 6kg serán cortados ao estilo carnotán, da man de Emilio Calo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios