Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Entroido de Carnota agarda festas, obradoiros en distintas localidades e mesmo unha andaina

Cartel do entroido de Carnota
Cartel do entroido de Carnota
O Entroido de Carnota agarda festas, obradoiros en distintas localidades e mesmo unha andaina

O Concello de Carnota, coa colaboración de distintas asociación, ten elaborado todo un programa para este Entroido que contará coas seguintes actividades:

Venres 21

-Festa de Entroido no Pavillón de Carnota

De 17:00 a 20:00 h encherán o pavillón de inchables, posto lambereteiro e discoteca móbil!!!
Ao final da tarde, sobre as 19.30 h, haberá un Concurso de disfraces, con 3 premios para os mellores disfraces individuais e un premio (unha cea) para o mellor disfrace en grupo (mínimo 4 persoas). O xurado terá en conta a orixinalidade, a simpatía e a posta en escena. Non importan as idades!!
Para o concurso pódese inscribir cumprimentando unha ficha de inscrición o mesmo día no pavillón, entre as 17:00 h e as 18:00h.

Sábado 22

-Andaina saudable de Entroido

DISFRÁZATE E PONTE A ANDAR! Non perdas a ocasión de coñecer un pouquiño mellor os  recantos, as  vistas, as paisaxes de Carnota. Se a climatoloxía o permite, pon o disfrace e ven camiñar con humor. Podes vir só/soa, en familia, en cuadrilla ou como che pete, pero ven!

Para participar hai que inscribirse ata o mércores 19 ás 14:00 h na oficina de Cultura e Deportes do Concello de Carnota ou no 981857032 (ext. 4).

A actividade está dirixida a persoas de todas as idades, porén, os/as menores de idade deberán ir acompañados/as de responsables adultos/as.

-Comparsa Entroideira e Lacoada con baile no Pindo (ACDR Pedramar)

Ás 18:30 h: desfile polas rúas do Pindo da comparsa “Noite de terror”.

Ás 21:30 h, no Sinal, Lacoada e Baile con DJ.

Máis información e inscricións para a lacoada no Tel. 661362991. Actividade organizada pola ACDR Pedramar.

Domingo 23

-Xantar e concurso de disfraces en Quilmas (ACDG Chan das Lamas)

A partir das 14:30 h. Aforo limitado (ca. 40) no local social da Asociación Chan das Lamas. Máis información, prezo e inscrición no teléfono 620 809 456.

-I Festa das Delores de Caldebarcos (AA.VV. Xurde Caldebarcos)

A partir das 15:00 h, «Procesión da Virxe» dende a Fontevella para rematar na porta da Escola con Dianas e Alboradas.

Ás 16:00 h, sesión vermú co dúo musical Misiela.

Luns 24

-Obradoiro de xogos no Pavillón de Carnota (de 11:00 a 13:00 h)

Obradoiro de entroido e xogos da man de Infantilandia. Para esta actividade hai que inscribirse previamente na oficina de Cultura e Deportes do Concello de Carnota. Dirixido a rapaces e rapazas de 4 a 12 anos.

Martes 25

-Family Time en Lariño con Obradoiro de Disfraces e postres de Entroido (organizan Sea Change e AA.VV. Ínsua de Lariño).

No Centro Sociocultural Xosé de Torea (Lariño) en horario de 11:00 a 13:00 h.

Elaboración de disfraces con material de refugallo que xa teñen preparado, desfile con estes traxes e pequena festa con sobremesas típicas do Entroido preparadas por eles mesmos/as. A actividade desenvolverase en inglés e está dirixida a rapazada de 2 anos en diante e familias.

Máis información e inscricións no teléfono 677157233.

Mércores 26

-Xogos deportivos con Fernando no Pavillón de Lamas de Castelo.

11:00 a 13:00 h. Dirixido a rapazada de 4 a 12 anos. Cómpre inscrición na oficina de Cultura e Deportes do Concello.

Comentarios