Venres. 29.03.2024
El tiempo

A ESMU de Carnota abre a inscrición para o vindeiro curso

Esmu de Carnota
A ESMU de Carnota abre a inscrición para o vindeiro curso

Un novo curso á vista e a Escola Municipal de Carnota pon en marcha os preparativos. A partir do 1 de xuño, e ata o 15 do mesmo mes, estará aberta a inscrición da Escola Musical de Música para o vindeiro curso 2021 / 2022.

A oferta continúa, con 8 cursos de linguaxe musical, combos musicais, pandeiretas, orquestra ORFF e grupo de gaitas a nivel grupal, e unha marea de instrumentos a nivel individual .

O cadro de mestres segue a ser o formado por Ana Blanco, Carlos González, Castor Montes, Ramón Domínguez e Ali Uhia.

Poden certificar a súa inscrición no Concello (Departamento de Cultura) polas mañás ou na ESMU polas tardes.

Esmu Carnota 21-22

Comentarios