Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Facendo cumio do Roteiro das Peixeiras do Monte Pindo

Facendo cumio do Roteiro das Peixeiras do Monte Pindo

Temos novas hoxe de como a veciñanza segue a recuperar un sendeiro histórico. O Roteiro das Peixeiras, ou o “antigo camiño ao Fieiro”, usado sobre todo polas veciñas as peixeiras do Pindo, e como non, polas xentes do Fieiro e arredores para vender pola costa ou para viaxar a Cee, unha vez cruzado na barca antes de facerse a ponte que une O Pindo e o Ézaro”. Aí é nada a historia que trata de recuperar Quino Pais.

Un Pais que continúa co traballo arduo de preparar o roteiro para o seu uso e disfrute. Segue artellando saídas dominicais a golpe de fouciño, para desbrozar o camiño. E este pasado domingo, xa unha expedición xa fixo cumio. Os Juan, Chema, Javier, Maximíno, Manolo, e sobre todo a Pepe do Fieiro (o mestre-guía sen o que sería imposible a recuperación do camiño) chegaron a unha altitude de 320 metros sobre o nivel do mar, a chamada Portela ventosa, un nome foi ben escollido pois trátase dun pequeno canón entre unhas pedras grandes que o que fai e dirixir o vento entre elas.

Un novo roteiro de sendeirismo

Unha boa nova para os amantes das rutas, dende logo. Segundo nos conta o propio Pais, "tras un percorrido de cerca de dous kilómetros penso que pode ser unha boa ruta de sendeirismo, só nos queda limpiar un pouco as cepas dos toxos que quedaron por o camiño, para non tropezar. Igual lle damos algún retoque para anchealo por algunhas zonas e limpiar uns 100 metros por a parte da tras para enganchar co camiño que ven da Cova da Xoana e vai ao Fieiro".
E non paran, "tamén en outra subida temos pensado abrir camiño para unha das covas que facian de escondite os fuxidos do Monte Pindo durante a guerra civil. Aí só nos temos que desviar uns 200m do camiño, pero é unha selva de toxos", polo de agora e ata que non cheguen os afiados fouciños destes recuperadores de sendeiros.

Sinalización

Aquói chega tamén a parte importante de todo isto. Pois rexistralo, recuperalo e limpalo é fundamental, pero tan importante é sinalizalo e divulgalo. E non é difícil. Pais ten pensado poñerse en contacto co Concello de Carnota, para haber si poden colocar un cartel donde empeza o camiño, en Homenaxe as peixeiras do Pindo, con algo así como "Ruta de senderismo do Camiño das peixeiras", cun pequeno "mapa indicando o percorrido e ca silueta dunha peixeiras cas caixas a cabeza e outra dunha silueta dunha sardiña en color amarelo para poñer unhas poucas marcas o comenzo do camiño para que a xente sepa por donde coller".

Haberá que ver se hai fondos no Concello pero tamén se prantexan a posibilidade de que unha asociación da zona ou unha empresa axude a facer os carteis para poder colocalos.

Novas relacionadas

Comentarios