Martes. 23.04.2024
El tiempo

Falece tras sufrir unha indisposición ao volante en Santa Comba

Falece tras sufrir unha indisposición ao volante en Santa Comba
Durante a mañá do pasado sábado, pasadas as 8:00h, o 112 recibía a chamada dun particular que alertaba dun pequeno choque dun vehículo contra unha vivenda no lugar de Guisande, Santa Comba. Ata o lugar desprazábase a Garda Civil de Tráfico, de Protección Civil e dos Bombeiros de Santa Comba, así como un helicóptero medicalizado con base en Santiago. Pero nada puideron facer para o condutor do turismo que falecía despois de sufrir unha indisposición ao volante. O vehículo, que estaba ocupado unicamente polo condutor, bateu contra unha casa ao saírse da vía, aínda que a pouca velocidade e non se rexistraron danos na vivenda.

Accidente pantasma en Quilmas

Saida de Via en Quilmas Saída de vía pantasma en Quilmas Esta mañá de domingo, arredor das 7:30h, produciase unha saída de vía á entrada de Quilmas, pola AC-550. Un Seat Ibiza negro atopase a uns 50m da estrada, sin ningún ocupante do mesmo na zona. Ao lugar acodiron Tráfico, Garda Civil, 061, Bombeiros e GES.

Accidente en Cee

O pasado venres, arredor das 17:00h tiña lugar un accidente na estrada de Lires a Canosa (Cee). Un turismo, cunha persoa no seu interior, chocaba cun muro de formigón. O home necesitou axuda para saír pois quedou conmocionado polo impacto, pero non estaba atrapado pola estrutura do mesmo. Os Bombeiros de Cee puxéronlle o collarín e mediante un taboleiro espiñal e despois foi trasladado ao Hospital pola ambulancia.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/aparatoso-accidente-en-cadea-en-laxe/

Comentarios