Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Falecen dous irmáns de Carnota nun accidente de tráfico

Falecen dous irmáns de Carnota nun accidente de tráfico
accidente-canota O accidente tivo lugar ao redor das 16:00 horas no punto quilométrico 19,500 da AC-550 á altura de Caldebarcos Dous irmáns (un mozo de 20 e unha rapaza de 15 anos de idade) veciños de Valdebois (Carnota) faleceron esta tarde nun choque frontal entre dous turismos que tivo lugar ao redor das 16:00 horas no punto quilométrico 19,500 da AC-550 á altura de Caldebarcos. Ao parecer, un dos conductores perdiu o control do coche e colidiu contra o outro. Os dous irmáns, que viaxaban no mesmo vehículo, tiveron que ser excarcerados polos membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Cee. O conductor do outro coche implicado resultou ileso. Ata o lugar do accidente desprazáronse efectivos dos equipos de emerxencias do 061, os bombeiros de Cee, efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Muros e Protección Civil. Ademais, o persoal do 112 Galicia informou dos feitos ao Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE).

Consternación

O tráxico suceso espallouse de inmediato pola zona causando unha profunda consternación entre a veciñanza. Un dos primeiros en demostrar as súas condolencias a través das redes sociais foi o Unión Club de Cee, equipo no que xogou Isma - un dos irmáns falecidos -, con esta imaxe. "A Páxina Roxiña", a rede social do Lira CF, equipo no que xogaba o rapaz actualmente, tamén amosaba a súa consternación: "Hoxe a desgracia e a tragedia volven a golpearnos da forma máis cruel e dolorosa posible, nun accidente de tráfico o noso xogador Isma Sanli e a súa irmán perderon a vida. Non hai palabras que valan de acougo. Ata sempre roxiños." Tamén mostrou o sue pesar a xunta directiva da Real Federación Galega de Fútbol quen, a través do seu presidente - Rafael Louzán -  mostrou o seu profundo pesar polo suceso. "Esta tarde quedamos practicamente sen palabras ao coñecer unha tráxica noticia que nos deixa sen dous xóvenes de Carnota, un deles dianteiro do Lira Club de Fútbol. Ismael, un rapaz de 20 de anos, e a súa irmá, de 15, faleceron nun desastroso accidente de tráfico sucedido na propia vila de Carnota", reza no comunicado de prensa enviado esta mesma tarde.. A Escola de Música de Carnota, da era alumna a pequena falecida (que cursaba os seus estudos no IES de Carnota), tamén se sumou as  condolencias a través das redes sociais: "Todo o pobo de Carnota, toda a rapazada, e nós, toda a Escola, che recordaremos co teu sorriso.  DEP pequena, ti e teu irmán. E todo o noso cariño para a familia e amigos, especialmente na nosa mente, súa nai e seu pai!!!!"  

Accidentes 2018

Fonte  

Comentarios