Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Unha familia quedou a durmir no Monte Pindo ao botárselle a noite enriba

Foto de Fins Eirexas para MPPN
Unha familia quedou a durmir no Monte Pindo ao botárselle a noite enriba

Realizaban a fermosa ruta de sendeirismo dende o Fieiro ata a Moa, cando a noite se lles botaba enriba. Nese momento de incerteza se puñan en contacto coa Garda Civil, e decidían pasar a noite no Olimpo Celta debido ás dificultades do terreo e a escasez de visibilidade.

O suceso aconteceu o sábado, e segundo a Benemérita a familia ía completamente provista de material e roupa de abrigo para pasar a noite nas mellores condicións posibles.

O 112 Galicia tivo coñecemento da situación desta familia preto da medioanoite a través doutros sendeiristas, que, preocupados pola demora da familia e a chegada da noite, chamaron ao servizo de emerxencias para pedir axuda.

Comentarios