Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Ás Festas de Quilmas e a Curra veulles ver unha Estrella​

Festas de Quilmas-Curra 2022-Estrella
Ás Festas de Quilmas e a Curra veulles ver unha Estrella​

Á Axenda festexeira da fin de semana temos que sumarlle unha nova cita. As vilas carnotás de Quilmas e A Curra celebra as súas festas da Milagrosa. Este ano fano ademais coo apoio da Estrella Galicia, no marco da súa campaña de apoio #ÁNosaVerbena.

Trátase da cuarta verbena do pais que conta co apoio da marca este verán. Un exemplo deste proxecto de revitalización de verbenas impulsado pola marca fetiche do pais. Dende a Asociación Chan das Lamas aseguran que "Á festa de Quilmas e Curra 2022 veunos a ver unha Estrela. Podemos dicir que este ano ía ser moi complicado celebrar a festa no seu esplendor sen a axuda de Estrela Galicia."

A cita desenvólvese este venres 19 de agosto haberá unha sardiñada na praza e o Grupo Alborada e a Discomóvil Superfabric actuarán na zona deportiva. O sábado 20 terá lugar o pasacalle da agrupación Xeitura, a sesión vermú amenizada por Eva Iglesias e o Grupo Charada e a verbena coa Orquestra Atenas, á que acompañará Ruth Gundíns, gañadora do programa Cantareiros da TVG. A noite acabará coa Discomóvil Superfabric.

Máis Festas na Axenda da fin de semana

Comentarios