Luns. 16.12.2019
El tiempo

Fotodenuncia: Pintadas no Monte Pindo

Fotodenuncia: Pintadas no Monte Pindo

Hoxe, un veciño de Carnota, envíanos estas fotos do cumio do Monte Pindo, na Moa. Unhas imaxes que falan por sí soas da falta de respeto co patrimonio natural da Costa da Morte.

Segundo nos conta, xa foron sacadas a comezos de ano, pero asegura que son constantes as pintadas nas pedras da zona máis alta do Olimpo Celta. De feitos, estes días coñeceremos outra denuncia da profanación da inscrición de excomuñón de Peñafiel con spray... algo se cadra, máis grave. Polo de pronto, poden botar un ollo no Flockr de Fotodenuncias no Olimpo Celta de Monte Pindo Parque Natural.

Tamén nos conta como algún que outro grupo quere deixar constancia, a toda costa, da súa escalada. Unha das máis sangrantes fóra a dun grupo de xixoneses, teoricamente montañistas, que tras rubir ata a Moa colocaran unha cruz de ferro con formigón!!!

Se cadra, a catalogación de Parque Natural serviría, cando menos, para evitar estas atrocidades.

Novas relacionadas

Máis Fotodenuncias

Podes enviarnos a túa fotodenuncia a [email protected]

Fonte

Comentarios