Mércores. 03.06.2020
El tiempo

Fotodesfeita: Varandas asasinas no Pindo

Fotodesfeita: Varandas asasinas no Pindo

Variamos hoxe o nome desta recurrente sección por un máis auténtico: Fotodesfeitas. E comezamos a andaina cunha imaxe que nos manda Nacho Castanedo, "moteiro que goza viaxando coa súa "montura" por esta zona tan bella e de privilexiados paisaxes".

Nacho lembra o terrible perigo que corren os motoristas coas varandas tradicionais en caso de caída, como pode ser a amputación de membros. E por iso nos envía esta imaxe. E se os tradicionais xa son perigosos, o que nos envía hoxe Nacho ten doble fío...

"Ao pasar o Ezaro e entrando na zona de Pindo (xusto ao pasar o sinal que indica o principio do pobo), pódese observar como no seu día se cambiou de posición un "guardarail" e con todo non se quitaron os postes que o suxeitaban, convivindo así os postes novos cos antigos (marcados en vermello na fotografía)", explica.
"Se en caso de caída, aínda podería existir unha posibilidade de saír ileso ao pasar entre dous postes, neste caso non existiría escapatoria algunha. Aínda que evidentemente non se fixo con intención, a neglixencia e deixamento ao non retirar os postes antigos, expón a un risco adicional a todo motorista que pase pola zona".

Máis claro imposible, vaia.

Novas relacionadas

Fotodesfeitas

Podes enviarnos a túa fotodesfeitas a [email protected] ou a través do noso Facebook.

Fonte

comentarios