Martes. 19.03.2024
El tiempo

A Garda Civil decomisa unha embarcación pola utilización de explosivos para pesca recreativa

A Garda Civil decomisa unha embarcación pola utilización de explosivos para pesca recreativa

Unha embarcación de recreo de Portocubelo, o porto de Lira, foi requisada polo Servizo Martítimo da Garda Civil da Coruña e o Servizo de Gardacostas. O suceso acontecía durante un servizo rutinario de vixilancia, cando a Benemérita puido constatar o uso de artificios pirotécnicos e artes de enmalle, todo prohibido pola Lei de Pesca.

A embarcación, o motor e a arte de enmalle foron entregados a Gardacostas, e ademais do decomiso a Garda Civil impuxo unha proposta de denuncia para o patrón e os dous tripulantes.

Comentarios