Martes. 10.12.2019
El tiempo

Hugo Roget, primeiro premio do concurso de debuxo de Stolt Sea Farm no Mar na Escola

Hugo Roget, primeiro premio do concurso de debuxo de Stolt Sea Farm no Mar na Escola
Onte tiña lugar a clausura do programa O Mar na Escola Xogando co Vento 2018, no que máis de 400 [email protected] da bisbarra aprenderon a coñecer o mar a través da vela e en horas lectivas. No marco deste pioneiro programa, a colaboración da empresa Stolt Sea Farm incluía a organización do primeiro premio do I concurso de debuxo “A crianza do Rodaballo". Onte,  Hugo Roget Dominguez recibiu o primeiro premio, pois o seu debuxo destacou polo seu valor artístico e pola clara expresión da cadea de valor da crianza do rodaballo. A finalidade do concurso era dar a coñecer a acuicultura, as súas vantaxes e os beneficios do consumo de peixe na dieta infantil, a través do fomento da creatividade e a participación activa dos alumnos. A temática debía versar sobre a acuicultura mariña en terra, facendo referencia ao rodaballo. O premio consistiu nun kit de merchandising e na visita do curso do premiado ás instalacións que a empresa ten en de Lira, Carnota. A visita tivo lugar o pasado 15 do mes en curso e os nenos tiveron a oportunidade de coñecer unha granxa de preto e de aprender todo o proceso de cría. A experiencia foi moi positiva e a empresa considera realizar unha segunda edición o próximo ano.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/fin-de-curso-para-as-aulas-de-vela-do-pioneiro-programa-o-mar-na-escola/

Comentarios