Xoves. 04.06.2020
El tiempo

Instalado en Carnota un punto móbil para realizar test rápidos para detección do COVID19

Punto móbil de detección de Covid-19 mobil en Carnota
Punto móbil de detección de Covid-19 mobil en Carnota
Instalado en Carnota un punto móbil para realizar test rápidos para detección do COVID19

Dende esta mañá de venres 24 de abril, está instalada no exterior do Centro de Saúde de Carnota unha unidade móbil para a realización de tests rápidos para a detección do coronavirus, cun equipo de atención formado por 3 enfermeiras.

A Consellería de Sanidade puxo a disposición do centro de saúde de Carnota un total de 60 probas que se realizarán á veciñanza de maneira aleatoria. As persoas escollidas aleatoriamente para a mostraxe convócanse dende o centro de saúde de Carnota para acudir ao punto móbil e realizar o test sen necesidade de baixar do vehículo.

Ao longo desta mañá realizáronse 10 probas diagnósticas e continuaranse realizando tests nos vindeiros días. O resultado das probas ata o momento é de 0 positivos en COVID19.

O obxectivo desta sondaxe é coñecer de como o COVID19 está afectando no Concello. Continuaranse realizando tests na medida en que se sigan recibindo máis reactivos, co fin de poder facer un seguimento máis exhaustivo da evolución da pandemia no municipio.

Unha vez máis o Concello de Carnota quere mostrar a súa admiración e agradecemento cara aos profesionais sanitarios que cada día traballan polo noso benestar e nesta situación de crise sanitaria moi especialmente.

comentarios