Íntegro e La Caixa asinan un convenio de colaboración para un programa vacacional
08:05 20/09/16
Adolfo López e Inmaculada Pérez asinaron onte o convenio de colaboración entre Íntegro e La Caixa
O presidente de Íntegro - Adolfo López Baña - e a directora da oficina de La Caixa de Baio - Inmaculada Pérez García - asinaron onte un convenio de colaboración co fin de cofinanciar o programa Respiro Familiar Vacacional 2016 para a Diversidade Funcional de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra. Esta iniciativa posta en marcha este verán cunhas vacacións en Madrid pretende ofrecer ás familias unhas xornadas de respiro e merecido descanso ao tempo que posibilita aos usuarios e usuarias a realización unha viaxe de varios días de duración lonxe do seu fogar.
Tanto Adolfo López Baña como Inmaculada Pérez destacaron a importancia de poñer en marcha accións conxuntas de financiamento para posibilitar a realización de proxectos deste tipo, que polo seu coste económico serían inviables para calquera entidade social sen ánimo de lucro. Neste senso, o presidente de Íntegro amosouse moi agradecido a La Caixa de Baio “por contribuír a facer realidade este ansiado soño que acaba de ver a luz e que doutro xeito non sería posible”.
Novas relacionadas
- De visita a Madrid
- Íntegro pecha o sétimo curso do PIMD Rural
- Íntegro lánzase ao crowdfunding
- Laxe súmase ao programa formativo para mulleres con disCapacidade de Integro
- Íntegro imparte cursos para mulleres con disCapacidade en Ponteceso e Malpica
- “Bicos de Amora”, a nova marca de xabóns de glicerina de Íntegro
- Íntegro forma a mulleres con diversidade funcional do rural costeiro
- Escolares do CEIP San Vicenzo de Vimianzo visitan as instalacións de Íntegro.
- Íntegro amplía o Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade a varios concellos
- Un San Valentín doce e moi Íntegro
- Cogami interésase polo traballo da Asociación Íntegro.
- Íntegro avanza cara a Inclusión a base de experiencias persoais.
- Íntegro imparte en Malpica un curso de colocación de pladur e de pintura
- Íntegro recibe o apoio da Deputación da Coruña
- Íntegro prepara un completo programa para o Día da Inclusión
- Unha Carreira para integrar.
- Os discapacitados somos nós.
- 40 persoas con discapacidade insertáronse en Bergantiños a través de COGAMI.
- Íntegro normaliza a diferencia na Diversiescola de Carballo.
- 2014: Íntegro, Adisbismur, Ambas e Misela celebraron o Día da Inclusión en Ponteceso.
- 20 anos de integridade dende Cabana para toda a Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Íntegro