Mércores. 21.08.2019
El tiempo

IV Encontro Monte Pindo: sendeirismo, historia, música e gastronomía

IV Encontro Monte Pindo: sendeirismo, historia, música e gastronomía
Cartel do IV Encontro Monte Pindo da ACDR Pedramar 2012

Xa está en marcha o IV Encontro Monte Pindo, que chega no mellor momento posible logo dos moitos achádegos que as entidades sociais están a realizar no Olimpo Celta. Coma os anos pasados, a ACDR Pedramar do Pindo prantexa unha completa fin de semana con sendeirismo, historia, música e gastronomía. Todo para os días venres 13, sábado 14 e domingo 15 de xullo de 2012.

Teremos moitas cousas. A historia dos agochados do franquismo estará presente en formato libro e documental. As ponencias serán impartidas por dous clásicos, Tito Concheiro e Felipe Senén.

Teremos tamén un pouco de deporte coa Galicia Máxica Trail Adventure. E como non, non faltará o sendeirismo, o forte destas xornadas, cunha fermosa subida á Moa, picnic e baixada polo Camiño das Peixeiras.
Sardiñas, churrasco e polbo serán parte do menú das xornadas, que rematarán, como non, o domingo cunha bonita ruta ata as Illas Lobeiras en catamarán.

Programa IV Encontro Monte Pindo 2012

  • Venres 13 de xullo:
    - 18:00h: Inaguración ca presentación do libro "Mulleres na guerrila antifranquista galega", de Aurora Marco e a proxección da documental "As Silenciadas".
    - Ponencia do arqueólogo Tito Concheiro e o historiador Felipe Senén.
    - Degustacion culinaria.
  • Sábado 14 de xullo:
    - Subida matutina ó Monte Pindo con picnic baixo a Moa e baixada polo recentemente recuperado Camiño das Peixeiras-
    - 17:30h: Saída da 6ª proba do Circuito Galicia Máxica Trail Adventure.
    - Á noite, gran sardiñada e verbena.
  • Domingo 15 de xullo:
    - Visita ás Illas Lobeiras en catamarán e andaina polos Mouchos.
    - Gran xantar con polbo e churrasco.
    - Clausura a base de pandeiretas.

Máis información e inscrición

Xa se poden inscribir chamando aos teléfonos 607 72 45 57 ou 626 31 99 40 ou en pedramaropindo.org.

Novas relacionadas

Comentarios