Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Lariño agarda o seu cañero Asaghieiras Master Festival

Lariño agarda o seu cañero Asaghieiras Master Festival
Asaghieiras Master Festival 2012

"Os grupos máis cañeros do panorama nacional e parte do estranxeiro", achegaránse ao campo de fútbol de Lariño, convertido xa nun espazo de concertos tras acoller tamén o Beach Party Carnota.

Este ano, a cita metaleira da Axenda Sonora da Costa da Morte terá lugar o sábado 22 de setembro. O Asaghieiras Master Festival de Lariño comezará a rodar arredor das 12:00h e serán, un ano máis, case 24 horas de caña.

Haberá de todo, e ademais o churrasco, poderanse disfrutar dos xogos populares, música e sobretodo, festa e máis festa! Todo, de balde ademais!

Cartel metaleiro

A meirande parte dos grupos do Asaghieiras Master Festival 2012 son galegos, e moitos da zona. Pequenas bandas galegas que queren dar a coñecer o seu traballo:

  • DESTERRADOS.
  • TROITAMUNDOS.
  • MARXE ESQUERDA.
  • TRAYGO.
  • TAN TOTEM.
  • JOHN HAPPY DRIVER.
  • KASTOMA.
  • TERBUTALINA.
  • ED HUNTER.
  • EL ULTIMO QUE ZIEGUE.
  • OKEOH.
  • MINILEÑO+.

Aquí vos deixamos cun par de vídeos. Estes son os JOHN HAPPY DRIVER, curmáns dos Terbutalina:

Aquí quedan os TROITAMUNDOS.

Estes son os OKEOH:

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios