Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Laxe e Carballo premian aos clientes locais

Laxe e Carballo premian aos clientes locais
comercio-laxe O mago Deimi fixo o seu espectáculo en cada un dos establecementos participantes no II día do Comecio de Laxe O concello de Laxe vén de dar a coñecer os/as gañadores/as do “II día do comercio en Laxe”, que tivo lugar a fin de semana pasada xunto cun programa de actividades de dinamización do comercio local.

Nesta edición participaron os seguintes establecementos: Floristaría Rebeca, Libraría Torre Penedo, Perruquería Azabache, A Tenda de Inma, Calzados Martínez, Ortopedia Alquimia, Chuchelandia, Farmacia Mª Carmen Gómez, Bazar Laxe Hong Fa, Estación de Servizos Santa Rosa, Ferretería Sergio, Parafarmacia Alquimia, A Tenda do Centro, Estanco Casa López, e Perruquería A de Lore. Os consumidores destes establecementos recibiron un ticket por cada gasto realizado, co que entraron no sorteo de seis vales de compra por importe de 50 € cada un, e unha cea para dúas persoas cortesía de Áncora Taberna. O sorteo tivo lugar o martes ás 11.00 horas na casa do Concello resultando como premioados os seguines números:

  • 01900 - Chuchelandia (vale de 50€)
  • 08925 - Estanco Casa López (vale de 50€)
  • 01241 - A Tenda de Inma (vale de 50€)
  • 09452 - Farmacia Mª Carmen Gómez (vale de 50€)
  • 08804 - Estanco Casa López (vale de 50€)
  • 01133 - A Tenda de Inma(vale de 50€)
  • Cea para dúas persoas:
  • 07948 da Perruquería A de Lore
Estes números serán válidos ata o 5 de xuño. Se non aparecesen os premiados, do 6 ó 12 de xuño, pasarán a ser válidos os seguintes números para os vales de 50€ 01781, 01107, 09194, 01780, 08033, 01492 e o 09152 para a cea para dúas persoas. E se aínda así non aparecen os premiados, o terceiro e último intento será para os seguintes números do 13 ó 19 de xuño. Vales por valor de 50 euros: 08716, 02038, 01181, 00336, 08930, 00226 e cea para dúas persoas: 08651.  Os vales, dispoñibles na casa do Concello de Laxe (Concellería de Comercio, Hostalería e Turismo), son canxeables por compras en calquera dos negocios participantes na campaña ata o 30 de xuño de 2018. sorteo-quere-teu-mercado Onte realizouse o sorteo da campaña "Quere o teu mercado" realizada en Carballo Carballo Por outra banda, Cándida Vázquez Blanco vén de gañar unha viaxe a Madeira para dúas persoas despois de facer a súa compra na canicería Costa de Carballo. A gañadora foi unha das participantes na campaña "Quere o teu mercado" que se desenvolviu no mercado de Carballo entre o 24 e o 31 de maio. Novas relacionadas Fonte  

Comentarios