Venres. 29.03.2024
El tiempo

Lira toma o relevo da Semana Santa coas Festas dos Remedios

Lira toma o relevo da Semana Santa coas Festas dos Remedios

Tras unha completa Semana Santa por Carnota, Lira colle o relevo e pon en marcha, como cada ano, a Festa dos Remedios de Lira. O martes de pascua, 10 de abril na Honra a Nosa Señora dos Remedios, sae á rúa a milagrosa imaxe que se venera de pentecostés no seu pequeno santuario de Miñarzo.

Serán 3 dias (9, 10 e 13 de abril) cargados de honras e festas. O prato forte da festa terá lugar o venres 13 de abril ca actuación estelar das mellores orquestas do panorama galego, Cinema e Philadelphia, presentanto o seu novo Tour 12.

Pero antes, dende hoxe mesmo, martes 10 de abril, as dianas e alboradas están a cargo da charanga vendaval de Fisterra e Banda Municipal de Negreira. Así mesmo haberá misas rezadas durante toda a mañá sendo a solenme a 13:00 horas cantada pola Coral Polifónica de Carnota e a continuación sesión vermut e verbena a cargo da orquestra Panamá, e a festa rachada durante toda a noite será venres 13 ca actuación da orquestra Cinema e Philadelphia Tour 12.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios