Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Loitando contra a invasión do plástico

Loitando contra a invasión do plástico

Celebrouse o Día dos Océanos tamén nos areais da Costa da Morte. Varios colectivos artellaron sendas sesións voluntarias de limpeza de praias, unha medida necesaria, sobre todo nestes comezos de verán ante a parálise das administracións. I é que só o Concello de Muxía, a través do seu servizo de Voluntariado, impulsou unha destas xornadas, mentres os areiais cegan cubertos de plástico.

A praia de Corna Becerra (Quilmas, Carnota), a praia de Lira, a praia de Laxe, a praia dos Muíños, a Langosteira, a praia de Lires... foron algunhas das que recibiron un lavado de cara. Varias, artelladas no marco da Xornada Simultánea de Limpeza de Praias que artellaba ADEGA, e outras pola súa conta.

Plásticos e máis plásticos

Equipo de Limpeza da praia en Quilmas

Cóntanos Lucía Ferreiro, de ADEGA-Costa da Morte e da Cooperativa Raínha Lupa, que "na praia de Corna Becerra recollimos 200 Kg de lixo, o 80% plásticos". Un dato significativo, dende logo, de aí que queiran facer eco da "gran contaminación por plásticos que inunda as nosas praias".
Lucía explica que "en lugares pouco transitados polo turismo podemos atopar nos areais moreas de plásticos de arribazón, que chegan as ribeiras polas forzas das mareas e do vento. Entón, de onde veñen todos eses plásticos?", pregúntase Lucía. Na nosa recollida constatamos que case o 100% do lixo que atopamos é plástico (bolsas en descomposición, tubos, botellas e bidóns, redes e cordas, contedores de alimentos, cebos para a pesca, caixas, etc...) e derivados do petróleo (aceites minerais usados e chapapote)", explica.

Este material atópase aglomerado en 5 grandes illas oceánicas, concentrados polos xiros das correntes, e alí vanse descompoñendo e pasan a formar unha masa viscosa que é inxerida polos animais mariños e que pasa a cadea trófica; a illa do pacífico norte ten un tamaño dun tercio de europa. Estes depósitos nútrense cos plásticos que usamos a cotío, e que por acción do vento e as correntes rematan no mar, ou que son verquidos directamente nel. Os plásticos acumulan moitas substancias canceríxenas ou perxudiciais para a saúde como as xa familiares PBC, DDT e o bisfenol A, entre outras.

E danos as posibles vías que temos nas nosas mans: "Esta contaminación só se pode reducir se maioritariamente deixamos de usar plásticos (xa case considerados coma resíduos perigosos) en produtos de usar e tirar. E, aparte, encargarnos de que estes materias cando xa non serven para outro fin, cheguen aos centros de reciclaxe e que non rematen ceibos no Medio Ambiente".

Limpeza a disfrute en Lires

Limpeza na praia de Lires-Foto- Merche Caamano

En Lires, a xente de Pedras Miúdas tamén organizaba unha xornada de limpeza completa. Xantar en común, limpeza exhaustiva do pequeno areal para despois poder disfrutar de varios xogos populares na area, como ese mítico xogo da corda.

Tiveron tempo iso si para colocar dúas papeleiras "made in pedrasmiudas", e en vindeiras datas colocarán tamén unha rede para xogar ao volei praia, tamén feita con material de reciclaxe, todo un exemplo.

Pedras Miudas colocou papeleras recicladas na Praia de Lires-Foto- Merche Caamano A limpeza de Lires rematou con xogos na area-Foto-Ines Fraga

Facendo do lixo, arte en Carnota

Pequenos de Carnota na exposicion de Arte Lixo-Foto- Canto da Balea

Unha das máis fantásticas propostas chegou dende a xente de O Canto da Balea. Xa os vimos de recollida de plásticos pola semana, que serviron de crebas para realizar unha exposición, unindo limpeza e reciclaxe nunha soa actividade.

Así, durante a fin de semana os pequenos de 5º e 6º do CEIP de Carnota prepararon as súas obras de arte cos plásticos recollidos e crearon estas marabillas.

Exposicion de Arte Lixo dos peques de Carnota-Foto-Canto da Balea

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios