Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Luar na Lubre rubrica o seu compromiso co Monte Pindo doando parte da recadación dun concerto

Luar na Lubre rubrica o seu compromiso co Monte Pindo doando parte da recadación dun concerto
Luar na Lubre donara o 5 da recadacion dun concerto ao Monte Pindo

Xa temos comprobado o compromiso ca Costa da Morte e co Monte Pindo en particular. I é que a banda liderada por Bieito Romero ten unha "paixón" especial con esta máxica bisbarra, como el mesmo nos recoñecía na entrevista realizada polo equipo de QPC.

Pero a última ofrenda que a banda, unha das grandes embaixadoras galegas no mundo, vaille dar ao Olimpo Celta é exemplar: O 5% da recadación do vindeiro 14 de decembro no Auditorio Gustavo Freire de Lugo destinarase á recollida de fondos para a Asociación Monte Pindo Parque Natural. Así o aseguraba a banda, que pretende converter ese esperado momento nun auténtico acto benéfico a favor do Monte Pindo.
As entradas custan 18 euros e están xa á venta en Novagaliciabanco.com.

Desde a Asociación aseguran que están "emocionados por este enorme acto de xenerosidade e compromiso a favor dun monte emblemático e da natureza galega no seu conxunto, e queremos recoñecer e agradecer publicamente a Bieito Romero e ao conxunto dos integrantes de Luar na Lubre non só o seu apoio constante, senón que sempre teñan unha lembranza para este humilde colectivo no seu periplo mundial ata se converteren por méritos propios nun dos maiores piares nos que se asenta a demanda cidadá a favor do Parque Natural".

Pepe do Fieiro guiará o Roteiro para non perderse polo Monte Pindo

Pepe do Fieiro explicando nun roteiro polo Monte Pindo - Foto- Chiara Laia

Achégase o 22 de setembro e o Roteiro circular polo Monte Pindo está a xerar moitísima expectación. Ademais, o roteiro contará coa excepcional presenza de Pepe do Fieiro, que co seu saber e a súa forza de león nos acompañará durante todo o roteiro.

Pepe é un señor de case 80 anos que conserva o espírito e a forza dun rapaz, criado entre o Fieiro e as abas do Monte Pindo, onde pastoreou desde moi neno os rabaños de cabras da súa casa entre os penedos agrestes do Olimpo Celta.
Isto significa nada máis e nada menos que Pepe leva toda a vida recorrendo o monte sacro, o que o convirte sen dúbida nunha no maior coñecedor dos seus recunchos. Tanto é asi, que Pepe sabe os nomes de cada pedra e cada outeiro, lembra refuxios e camiños perdidos na noite dos tempos, e ata pode relatar as historias e lendas que os seus maiores lle foron ensinando desde a súa infancia. Para a Asociación Monte Pindo Parque Natural, "coñecer a Pepe é algo asi como contar cunha auténtica enciclopedia vivinte".

Ultimando detalles do roteiro

Os asistentes ao roteiro deberán concentrarse ás 10:00 horas do sábado 22 de setembro na área recreativa do lugar do Fieiro (Mazaricos).

Podedes tomar nota de todos os detalles dende www.montepindo.org.

Entrevista con Luar na Lubre

Luar na Lubre na Costa da Morte

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios