Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Maiores e pequenos comparten tradición oral en Carnota

Maiores e pequenos comparten tradición oral en Carnota

O pasado martes pola tardiña, no Pavillón de Lamas de Castelo as clases de patinaxe interrumpíronse durante unha hora para dar paso aos xogos. Así, os nen@s de Carnota, xunto cos maiores que acuden ao Centro de Día, puideron disfrutar cos xogos e cancións que de xeración en xeración seguen a estar vivos pola tradición oral.

Xogos como a “Pita cega”, saltar a comba con “soy la reina de los mares” e cancións como “Cocherito leré”, “Na beira do mar”, “A saia de Carolina”, guiaron a tarde lúdica. Por unha parte os pequenos amosáronlle as cancións e xogos que eles saben e por outra banda foron os maiores os que asombraron aos nen@as con estrofas distintas das cancións ou con xogos algúns deles esquecidos como “trancar as calles”.

Estes obradoiros teñen un gran valor educativo pois fomentan o respeto aos nosos maiores, poñendo en contacto xeracións tan distintas unidas pola tradición oral, e dan vida a aqueles que moitas veces séntense esquecidos e nembargantes posúen a sabedoría dos anos vividos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Carnota da man de Luisa Beiro e Alianza Uhia.

Comentarios