Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Máis de 30 persoas participan na segunda mesa de traballo organizada pola CMAT

Máis de 30 persoas participan na segunda mesa de traballo organizada pola CMAT
mesa-traballo-cmat O segunto encontro de traballo tivo lugar onte na casa da Cultura de Cee Onte pola mañá tivo lugar na casa da Cultura de Cee a segunda das tres mesas de traballo que a CMAT - Costa da Morte Asociación de Turismo - ten programadas para este mes co fin de obter una resposta por parte dos axentes implicados na redacción dun Plan de Turismo para a Costa da Morte. A mesa sectorial de Cee, contou cun aumento na sua participación con 10 representates de entidades públicas e 17 de entes privados pertencentes a os concellos de Dumbría, Cee, Corcubión Fisterra, Carnota e Mazaricos. Tamén quixeron estar presentes coma entes supramunicipais o GALP “Costa Sostible”. Pablo Canosa, presidente de APTCM e secretario da CMAT, considera que estas dinámicas de grupo resultan moi útiles á hora de confrontar ideas e perfilar á elaboración dun Plan de Acción Turística para a “Costa da Morte”. Para Canosa “e moi importante sentar as bases do Plan de Turismo en consenso cos axentes locais, e que toda a información que se aporte neste tipo de interaccións sexa utilizada polo equipo redactor para o deseño dun plan conxunto, de todos e para todos”. A CMAT busca, con este tipo de accións, a unificación de criterios por parte dos representantes de entes públicos, privados e supramunicipais, para o desenvolvemento dun plan común que poña en alza todos os valores turísticos do entorno constituído polos 17 concellos. O último encontro proposto pola CMAT para a celebración desta serie de mesas sectoriais terá lugar o vindeiro 28 de maio en Carballo, en horario de 11:00 a 13:30 horas. Proxecto WAOH! Route Por outra banda, delegados da CMAT asistiron o pasado luas a unha mesa de traballo que tivo lugar no Centro Superior de Hosteleria de Galicia e á que asistiron distintos representantes de Turismo de Galicia (José Luis Maestro, Director de competitividade da Axencia de Turismo e Laura González, Responsable de Proxectos Europeos) e das Mancomunidades Arousa–Norte e Salnés, para o desenvolvemento do proxecto WAOH! Route. A mesma tamén acudiron vinte empresas de mergullo e turismo náutico, entre elas duas representantes da Costa da More (Buceo Malpica e Buceo Fisterra), na percura da creación dunha Marca Atlantica de turismo de mergullo. Coma conclusións do alí exposto a ampliación do marco da Ría de Corcubión a toda a Costa da Morte, á espera de delimitar xeograficamente os tres puntos de mergullo e kayak no noso xeodestino. Tamén foron definidos os requerimentos técnicos de calidade e sostibilidade que deberán cumprir ás empresas de turismo naútico (principalmente mergullo e kayak) que participen neste proxecto.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios