Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Máis de cen persoas celebran o día internacional do Patrimonio Mundial subindo ao Monte Pindo

Máis de cen persoas celebran o día internacional do Patrimonio Mundial subindo ao Monte Pindo
monte-pindo-dia-patrimonio-mundial A asociación Monte Pindo Parque Natural organizou esta camiñata. Imaxe: Juan Louro Cambeiro Con motivo do día Internacional do Patrimonio Mundial, que se conmemorou o pasado 16 de novembro, máis de cen persoas subiron ata o cume do Monte Pindo nunha visita organizada pola asociación Monte Pindo Parque Natural. Este ano foi a primeira vez que se celebrou esta data dentro da comunidade e distintas entidades sociais simultanearon medio cento de iniciativas baixo a bandeira amarela que simboliza a defensa do patrimonio cultural galego. O prato forte da subida ao Monte Pindo foi a parada no Castelo medieval de San Xurxo onde ademais da foto de familia de rigor os camiñantes escoitaron a Carlos J. Galbán Malagón que lles ofreceu un relatorio sobre o Olimpo Celta. Dende a asociación Monte Pindo espera que esta actividade contribuise a incrementar a atención pública sobre o patrimonio cultural galego "que non atravesa desde logo polo seu mellor momento pola falta de interese e o abandono das administracións públicas, ao contrario do que pasa noutros países que si invisten tempo e recursos en protexer o seu patrimonio como un piar imprescindíbel para construír o seu futuro", sinalan dende a entidade.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios