Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Medio millar de bravos berran en verde por un Monte Pindo Parque Natural

Medio millar de bravos berran en verde por un Monte Pindo Parque Natural
Roteiro Verde polo Monte Pindo Parque Natural

Amencía o pasado sábado 28 de setembro de 2013 case tan negro no ceo coma quedou o Monte Pindo tralo tráxico incendio de dúas semanas atrás. Pero case medio millar de valentes desafiaron o tempo e a negrura do monte para berrar ben alto "Pedregal, Monte Natural", que rima mellor que "Monte Pindo, Parque Natural!".

O roteiro, titulado en clave de esperanza "Do negro ao verde", convocado pola Asociación Monte Pindo Parque Natural, comezaba ás 11:00h dende o lugar do Pindo, e dende Caldebarcos. Xentes comprometidas coa conservación da natureza e do Olimpo Celta, chegadas dende todas partes da bisbarra e dende Galicia, comezaban a rubir as calcinadas ladeiras do monte. Dende Caldebarcos, e da man da Comunidade de Montes, guiados por unha enciclopedia "pindexa" como César Cambeiro, rubiron unhas 150 persoas. Dende O Pindo, e con Xilberto Caamaño, da entidade organizadora á cabeza, pasaban das 250.

Paseo-negro-por-un-Monte-Pindo-Parque-Natural-e-verde

A estampa convertíase pronto en dantesca, comprobando o preto que chegou o lume das casas, e comprobando o completamente arrasado que quedou o monte. O 99,9% da zona teoricamente protexida pola Rede Natura do Monte Pindo, e das súas 630 especies, quedou calcinada.

A chuvia, por momentos intensa, ademais, facía de ameaza constante, pois precisamente as escorrentías cheas de cinza por mor de chuvias fortes poden facer perigar a riqueza de zonas como a Berberecheira de Carnota, ou ensenada do Ézaro. Non chegaron a caer grandes torrenciais de auga, polo que é posible que esas febles chuvias fagan asentar a cinsa como abono, pero así e todo, os regos pasaron en apenas unha semana de estar completamente secos a levar litros e litros de auga.

-Berberecheira-de-Carnota Esto-si-que-son-brotes-verdes-no-Monte-Pindo

Un berro unido polo Monte Pindo

Lendo-o-Manifesto-polo-Monte-Pindo-Parque-Natural

Os grupos xuntábanse no Chan das Lamas, dende onde se baixaba cara o lugar de San Cibrán, esa aldea de turismo rural xa arrasada no 2006, que volvía quedar no medio das lapas. Alí, as 450 persoas escoitaron as verbas do Secretario da Asociación MPPN, Mario Maceiras, e do seu Presidente, Xilberto Caamaño, que facía lectura do Manifesto "Por unha Galiza sen Lumes, por un rural con futuro".

A cor verde foi totalmente protagonista, nunha manifestación tan política como ten que ser, pero sen partidismos. Coas bandeiras, os paraugas, os ponchos ou os lazos, a veciñanza demostrou que, unida, pode berrar po alto.

Lectura-do-manifesto-polo-Monte-Pindo-Parque-Natural-en-San-Cibran-baixo-a-chuvia lazos-verdes-polo-Monte-Pindo-Parque-Natural.

Preparando a Manifestación do 6 de outubro

Manifestacion 6-10-2013 Monte Pindo

Precisamente, "Por unha Galiza sen Lumes, por un rural con futuro" será o título da Manifestación que o día 6 de outubro a partir das 12:00 horas percorrerá desde a Alameda as rúas de Compostela "para esixirlle á Xunta outra política de montes, que tome a iniciativa para revertir o abandono ao que está abocado o noso rural e que teña máis en conta os espazos naturais e especialmente os protexidos, varios dos cales levan sufrido importantes incendios e danos nos últimos anos. E, por suposto, que declare a zona catastrófica en Carnota para paliar os danos dos incendios e minimizar o perigo de riadas, e declare dunha vez por todas o Parque Natural do Monte Pindo que levamos 3 anos esixindo".

Novas sobre incendios

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios