Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Méndez Ferrín tamén sobe ao Castelo de Peñafiel

Méndez Ferrín tamén sobe ao Castelo de Peñafiel
Non deixa o Monte Pindo de recibir loubanzas e apoios para a súa catalogación como Parque Natural. Mentres en QPC comezamos cunha serie de vídeos cargados de historia, a Asociación MPPN non deixa de buscar apoios estratéxicos na loita pola conservación do Olimpo Céltico. Ademais da campaña de recollida de sinaturas a través da rede, a entidade vén de falar coa Real Academia Galega, "unha institución secular que vehiculiza o conxunto das inquedanzas culturais galegas e tamén un dos máis importantes organismos para o noso idioma". Con esta carta, o mítico presidente da entidade, Xosé Luís Mendez Ferrín, enviaba o seu alento de apoio á Asociación Monte Pindo Parque Natural:
  • Somos concientes da precariedade da rede de espazos protexidos de Galicia, o que é indicador da pobreza política dominante. Naturalemente, a Real Academia Galega apoia a declaración do noso querido Pedregal e Monte Pindo como Parque Natural. Un cordial saúdo, Xosé Luís Méndez Ferrín.

Os estudiantes das Universidades tamén dan un paso polo Pindo

Ademais, a entidade conservacionista informa da nova adhesión dos Comités, a maior organización estudantil galega, despois do acordo adoptado na tarde de onte polo seu consello nacional.

Completo estudio sobre O castelo de Penafiel

Así mesmo, ademais de colleitar apoios importantes, a entidade segue a recuperar o patrimonio do monte. O seu último estudio versa sobre o Castelo de Peñafiel, e dá conta da existencia fortificación en varios documentos ata o S. XV. Nesa liña valoran a posibilidade de que a a Torre de Augusto, a Ara Sextiana dos nerios, poida corresponderse en realidade co Castelo de Penafiel, no Monte Pindo, baseándose nos textos do século I de Pomponio Mela.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios