Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Milucho Louro: "Cando algo funciona, tampouco hai porque cambiar moito"

Emilio Louro Milucho
Emilio Louro, Milucho
Milucho Louro: "Cando algo funciona, tampouco hai porque cambiar moito"

Carnota é único Concello da Costa da Morte onde os tres candidatos son novatos nestas lides.

Tras 8 de anos de goberno nacionalista, Moncho Noceda deixa a súa segunda etapa como alcalde e pásalle o relevo a un home de mar, como Emilio Louro, Milucho.

  • QPC: Cantas persoas che dixeron aquelo de “Pero en que lío te petiches…”? E que lles respondes?

Algunha que outra si, principalmente entre os amigos.
Non fixo falta que lles respondera porque a renglón seguido, dixeronme todos que se alegraban moito, e que me desexaban o mellor, sabedores de que traballarei arreo para melloralas condicións de vida dos veciños e veciñas do noso concello.

  • QPC: Tras 8 anos de goberno de Moncho Noceda, as últimas con maioría absoluta, con que aspiracións chega o BNG a estas municipais?

Obviamente aspiramos a contar coa confianza maioritaria dos veciños e veciñas para poder seguir transformando o concello nos vindeiros catro anos de goberno.

  • QPC: Que cousas herda Milucho Louro de Moncho Noceda?

A herdanza de Moncho é unha moi boa xestión, e eficacia no goberno, bo talante, sempre disposto a escoitar, dándolle voz ao povo, mediante a fórmula da participación veciñal, porque a fin e a postre o "povo é quen mais ordea”.

  • QPC: Que cousas novas pode aportar Milucho Louro a Carnota?

Trataremos de facer os menos experimentos posibles, porque cando algo funciona, tampouco hai porque cambiar moito, pero sin dúbida tentaremos introducir algunha innovación para adaptarse aos novos tempos e intentar aproveitarse das posibilidades que nos poden ofrecer as novas tecnoloxías e as enerxias limpas e a participación en proxectos de europeos para intentar recabar fondos que por outras administracións se negan sistemáticamente polo mero feito de non sintonizar políticamente, cun trato absolutamente discriminatorio.

Eu non vou ser o que faga valoracións sobre como percibo a situación, xa que de pouco vale, son os veciños e veciñas os que teñen a última palabra e os que decidirán quen cren que será a mellor opción de goberno para os vindeiros catro anos. O que si podo apreciar son as múltiples mostras de apoio que se nos fan chegar por distintas vías, e despois do contacto establecido nos últimos meses coa veciñanza, hai unha corrente de simpatía que valoramos moi positivamente, aínda que coa cautela de saber que as furnas son as que teñen á última palaba o vindeiro 26 de maio.

  • QPC: Cres que as eleccións do 28 de abril, nas que o BNG recuperou a liña ascendente tras moitos anos de retroceso, influirán nas do 28 de maio, ou cres que Xerais e Municipais non se poden relacionar porque son de naturezas diferentes?

A liña ascendente do BNG dos últimos anos cun liderazgo claro da nosa portavoz nacional Ana Pontón, é evidente esa corriente de simpatía có proxecto de País que ten o BNG é meridianamente claro, como así se manifestou nas últimas eleccións xerais celebradas fai moi poucos días, mais o que a ninguén se lle escapa que as municipais son outro cantar, onde influe moito as persoas que hai detrás de cada candidatura.

  • QPC: Nunha frase: Que necesita Carnota?

Carnota necesita ser o lugar para vivir, con este lema queda moi claro cal é a nosa declaración de intencións para o futuro mais inmediato do noso concello. Temos que facerlle fronte, con determinación, ao grave problema de declive demográfico e conseguinte despoboamento que vimos padecendo nos últimos anos. Non será unha tarefa doada, porque non é unha problemática que nos ataña soio a nós e que dependa exclusivamente de nós, xa que dependerá do grado de compromiso que as distintas administracións teñan có desenvolvemento das zonas rurais e costeiras, que polo que apreciamos nos últimos anos é ben escaso, por non decir inexistente.

  • QPC: Cales son as principais liñas do voso programa?

- Potenciaremos os recursos patriomiais, naturais, turísticos e culturais e pretendemos desenvolver proxectos que permitan conciliar a econonomía coa ecolóxia e a conservación da natureza coa xeración de riqueza, queremos un concello ao servizo do común, comprometidos coa nosa lingua, a nosa cultura e a nosa identidade.
- Seguiremos traballando pola transparencia na xestón e pola democracia participativa contando coas achegas da veciñanza a prol do desenvolvemento municipal.
- Servicios públicos municipais propios e eficaces. Un Concello verde con alternativas sustentabeis, baseadas na proximidade, reciclaxe e valor dos recuros locais.
- Comprometémenos a seguir traballando por un Concello onde as desigualdades de xénrero e as violencias machistas non teñan cabida.
- Continuaremos impulsando e mellorando desde o goberno municipal políticas de calidade no benestar e nos servizos sociais, impedindo a exclusión social dos colectivos mais desfavorecidos.

BNG de Carnota candidatura

  • QPC: A túa lista está formada por: Belén Campos, Maxi Souto, Pilar Tubío, Iván Franco, Susana Riveiro, Nicola Lurie, Jorge Fiuza, Cecilia Caamaño, Jesús Manuel Caamali e Moncho Ncceda.
    Cales son os puntos fortes do teu equipo?

O que caracteriza esta lista é o gran compromiso que teñen cada un dos que a conforman, Equipo con moitísimas gañas e ilusión, onde combinamos xuventude, veteranía e experiencia na xestión. Unha lista onde ningún dos seus membros está de recheo, somos unha candidatura paritaria conformada por 20 persoas (11+ 9 suplentes) dispostas a traballar arreo por melloralas condiciós de vida dos nosos veciños e veciñas.

  • QPC: E para rematar, que lle dirías a un veciño de Carnota para que se decantase pola túa candidatura? Cal é o teu maior valor para Carnota?

O que lle diría é que a nosa candidatura garantiza un goberno centrado no povo e contando permanentemente cos veciños, a participación veciñal é o elemento principal da nosa acción de goberno agora e no futuro, como xa se ten demostrado nos 8 últimos anos. Maxima e plena disposición ao diáologo permanente coa veciñanza. Carnota será o que os veciños e veciñas queiran que sexa.

Novas relacionadas

Comentarios