Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Unha necesaria reflexión sobre os usos do Faro de Lariño e a súa contorna

Campo Punta Insua de Larino-Foto-Photttic Mar de Paixon
Imaxe do campo Punta Insua e do Faro Lariño-Foto-Photttic Mar de Paixón
Unha necesaria reflexión sobre os usos do Faro de Lariño e a súa contorna

O nulo aproveitamento dos Faros da Costa da Morte é un asunto que require repasar. Só o Faro Vilán é un espazo vivo, gracias á implicación dos empresarios de Camariñas. O resto están pechados, e as súas marabillosas contornas están absolutamente desaproveitadas (agás o cabo da fin da terra).

A recente cancelación do Asaghieiras Master Festival propón unha obrigada reflexión sobre a actividade que teñen estes espazos naturais. Unha reflexión perfectamente extrapolable a outros entornos similares, a utilización dos Faros da Costa da Morte.

Semella evidente que, ao falarmos de espazos protexidos (nomeadamente Rede Natura, zonas LIC…) o respecto á fauna é un factor elemental a ter en conta. Pero moitas veces é utilizado de xeito hipócrita contra algunhas actividades, e obviado ante outras.

Dende a Asociación ACRD As Aghieiras, máis alá de botar lume contra algunda das administracións competentes, propoñen unha reflexión pausada sobre os usos, neste caso, do Faro e do campo de fútbol da Insua, un deses míticos campos esquecidos do Fútbol da Costa. O propio campo ten ten aprobado un proxecto de remodelación do GDR e o Concello, para facer un camping de autocaravanas, mentres que Faro da Punta Insua convertirase nun hotel.

Ao mesmo tempo, dende a entidade pregúntanse se o tremendo estruendo da verbena dunha gran orquestra en plena Rede Natura non supón unha grave afectación acústica para a avifauna da zona, e un festival con apenas 500 persoas si é tan perxudicial.

En todo caso, a asociación é consciente da necesidade de atopar unha ubicación idónea para desenvolver a súa actividade estrella, na que volcan tanta ilusión e horas de dedicación. Unha ubicación de futuro na que esperan contar co respaldo das administracións.

Como se contabiliza a afectación a un espazo natural? Que vale e que non vale?

Novas relacionadas

Comentarios